- Tematica
O persoal da ANPA da escola infantil municipal A Madalena, situada no Milladoiro, organizaron un ano máis a habitual festa de fin de curso. A celebración realizouse esta pasada fin de semana na praia fluvial de Tapia e participaron máis de 30 familias con alumnado matriculado no centro. Para a realización de dita xuntanza cóntase coa colaboración do Concello de Ames. Esta xuntanza pretende crear un espazo onde compartir un día en familia despois dun ano cheo de aprendizaxes.
A praia fluvial de Tapia foi o escenario elixido para a festa de fin de curso que organizou a ANPA da escola infantil municipal A Madalena este pasado sábado 1 de xullo onde se reuniron máis de 30 familias.
Como cada ano puideron desfrutar dende as 12:30h da mañá de varias actividades que incluían actividades de canta e baila, taller de maquillaxe e globoflexia, e inchables. A festa prolongouse ata as 18:30h da tarde. Ademais algúns/algunhas nenos/as puideron refrescarse cun baño no río e na piscina das instalacións da área recreativa de Tapia, aproveitando o día de calor que fixo.
Durante toda a xornada aproveitaron o entorno da praia fluvial que é idóneo para xantar ao aire libre. Para a realización de dita xuntanza cóntase coa colaboración do Concello de Ames. Esta xuntanza pretende crear un espazo onde compartir un día en familia despois dun ano cheo de aprendizaxes.
Esta actividade súmase a outras que se realizaron ao longo do mes de xuño na que as nenas e nenos de 2 a 3 anos visitaron “O Fogar do meu burro” na aldea de Lamas, na parroquia de Ames, onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de enriquecerse coa natureza e a cultura do noso entorno. Ademais, visitaron Santiago de Compostela, onde subiron no tren turístico para percorrer a cidade. Todas estas iniciativas contan coa colaboración do Concello de Ames.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Más de 30 familias participaron en la fiesta de fin de curso de la escuela infantil A Madalena, en Ames"