Pestanas principais

Mañá pecha o prazo de inscrición para participar na proba “3 horas resistencia BTT OEA- Concello de Ames 2019”

Luns, 28 de xaneiro de 2019

[28-01-2019] O Club Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello de Ames e a empresa Team Relay, organiza o vindeiro 3 de febreiro unha proba de resistencia en bicicleta de montaña, aberta a maiores de 16 anos. O percorrido, que sairá do parque do Pedregal de Bertamiráns, consistirá nun só recorrido duns sete quilómetros, cun desnivel positivo acumulado por volta de 90 metros. O prazo de inscrición para participar na proba estará aberto ata o 29 de xaneiro ás 00.00h, e poderá realizarse a través da ligazón http://magmasports.es. Ao finalizar, entregaranse un total de 55 premios entre os e as participantes que queden nos primeiros postos das diferentes categorías.

Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con ou sen licenza federativa, sempre que teñan unha idade comprendida entre os 17 e os 69 anos que o desexen,. O prazo de inscrición xa está aberto, polo que as persoas interesadas poderán anotarse ata as 00.00h do 29 de xaneiro na seguinte ligazón. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

As persoas que desexen participar na proba terán que aboar unha cota de 12 euros para a categoría individual, e 20 euros na de parellas. Esta taxa de inscrición incluirá o dereito de participación na proba, o dorsal, avituallamento de líquidos e sólidos na zona de meta tanto durante como ao final da proba, control de tempos, asistencia médica, duchas e lavado de bicicletas, e seguro de accidentes e responsabilidade civil. Por tanto, a inscrición considerarase efectuada no momento no que se realice o pagamento.