Pestanas principais

Marga Cancela presenta o seu libro “O clamor das Virxes” dentro do programa Encontros Literarios

Luns, 20 de maio de 2024

A edición deste ano do programa Encontros Literarios péchase este mércores, 22 de maio, coa presentación da novela “O clamor das Virxes”, de Marga Cancela. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, continúa coas presentacións de libros enmarcadas no programa Encontros Literarios. Estas presentacións tratan de dar a coñecer novas autoras/autores, así como as obras de autoras/autores consagrados, entre a veciñanza de Ames. Este programa contou cunha ampla participación nas anteriores edicións de 2021 e 2022.

Este último encontro literario da nova tempada 2023-2024 terá como protagonista á profesoras Marga Cancela, que presentará a súa última obra “O clamor das Virxes”, editada por Medulia Editorial. O acto, que terá lugar este mércores 22 de maio no pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 20:30 horas, estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. A entrada será libre ata completar aforo.

Marga Cancela
Nada en Ordoeste, A Coruña, medrou e educouse en Londres e París. É diplomada en Comercio Internacional pola Universidade de Cambridge, e licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade Complutense de Madrid. Ademais, é catedrática de Inglés de Numerarios de Bacharelato. Actualmente exerce como profesora en Madrid.

Sinopse de “O clamor das Virxes”
Desde a ficción do realismo máxico, a autora recrea a historia dunha das súas tías, Manola Negreira quen, entre 1939 e 1958, deu voz e visibilidade a un grupo de mulleres de aldea que, como ela, sufriron abusos a mans dos caciques da Galicia máis poderosa.

O resultado é unha novela sobre un grupo de mulleres que, sen sabelo, foron feministas e que, unha vez superados o medo e a vergoña, loitaron polos seus dereitos.

Marga Cancela presenta o seu libro “O clamor das Virxes” dentro do programa Encontros Literarios

Multimedia

  • Marga Cancela presenta o seu libro “O clamor das Virxes” dentro do programa Encontros Literarios