- Tematica
Dende que abriu o prazo para solicitar as axudas o pasado 10 de novembro, o Concello recibiu máis de 300 solicitudes. Para dar resposta a esta alta demanda de axudas, vaise a reforzar o departamento de Promoción Económica, responsable da tramitación das axudas e subvencións de dito plan, para axilizar á súa concesión, xestión e seguimento e facilitar así a dinamización da actividade económica. Os fondos para ditas contratacións tamén foron previstos no Plan de reactivación e dotados e aprobados no suplemento de crédito do pasado mes. As microempresas e autónomos/as amesás que se viran prexudicados economicamente pola Covid19 poderán presentar a súa solicitude ata ás 14.00 horas do vindeiro 25 de novembro.
O Concello de Ames, como concello adherido ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña, aprobou estas axudas do Plan de Emprego Local coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal amesá e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as. O Concello de Ames destina a esta liña de axudas un total de 582.547,86 euros. O Fondo de Financiamento constitúese cun 80% de achega da Deputación da Coruña e un 20% financiado con fondos propios do concello. Deste xeito, o Concello de Ames achega 116.509,57 euros e a Deputación da Coruña concede 466.038,29 euros.
Dende que abriu o prazo para solicitar as axudas o pasado 10 de novembro, o Concello recibiu máis de 300 solicitudes. Para dar resposta a esta alta demanda de axudas, vaise a reforzar o departamento de Promoción Económica, responsable da tramitación das axudas e subvencións de dito plan, para axilizar á súa concesión, xestión e seguimento e facilitar así a dinamización da actividade económica. Os fondos para ditas contratacións tamén foron previstos no Plan de reactivación e dotados e aprobados no suplemento de crédito do pasado mes.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “vamos a reforzar o departamento técnico do Concello, responsable da tramitación das axudas e subvencións do plan, para axilizar á súa concesión, xestión e seguimento e facilitar así a dinamización da actividade económica. Con esta medida, dende o Concello estarase contribuíndo tamén á creación de emprego no municipio. En concreto, contratarase a un administrativo e un auxiliar administrativo para o departamento de Promoción Económica”.
Posibles beneficiarios das axudas
As persoas beneficiadas destas axudas serán traballadoras autónomas con, ou sen, traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se visen afectadas polo peche, a redución de ingresos ou os ERTES, debido a situación ocasionada pola Covid-19.
Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas deberán ter o seu domicilio fiscal no concello de Ames e non se lles permitirá ter débeda ningunha co Concello. Ademais, deberá estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación da Coruña, así como coa AEAT e coa TXSS.
Como requisito das persoas xurídicas, establécese que a data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.
Presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes, aberto dende o pasado 10 de novembro, estará aberto ata o mércores 25 ás 14.00 horas. Nos catro días que pasaron dende que comezou o prazo, máis de 300 solicitudes foron presentadas no Concello de Ames.
En canto á documentación que se debe presentar, é preciso o NIF/NIE ou CIF, a designación de conta bancaria segundo o modelo normalizado do Concello, a solicitude da axuda e a declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas. En función de a que grupo de beneficiarios se pertenza, débese engadir unha documentación específica que se poder ver nas bases reguladoras.
As presentes bases, xunto co modelo de solicitude normalizado para a obtención das axudas, está dispoñible ao pé desta nova e no apartado de AVISOS da web municipal do Concello de Ames, como concello adherido ao Fondo de Financiamento.
As solicitudes, presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Ames, accesible a través do enlace https://sede.concellodeames.gal utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede. Para a presentación de solicitude por medio electrónicos, é necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica. A presentación da solicitude de subvención fóra do prazo establecido e a non utilización, no seu caso, do formulario normalizado de uso obrigatorio, serán causa de inadmisión da solicitude.
Criterios de valoración
As solicitudes que cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras, puntuaranse seguindo uns criterios de valoración como é o tipo de empresa, a súa forma xurídica, número de mulleres, menores de 30 anos e persoas con diversidade funcional contratadas. Tamén se terá en conta o uso da lingua galega na realizacións das súas actividades.
O importe da subvención será fixo e realizarase dende o 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2020. Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros. O importe de axuda a conceder será minorada na cantidade que exceda deste límite.
O Concello de Ames aboará o importe da subvención concedida logo da presentación dos xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable, correspondentes aos gastos subvencionables. Os beneficiarios da subvención deberán presentar a documentación xustificativa referida expresamente aos conceptos de gasto que lle foron subvencionados, como data máxima, o 31 de marzo de 2021.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Más de trescientas empresas de Ames piden las ayudas de la Diputación del plan Reactiva"