Pestanas principais

Medio centenar de persoas desfrutaron do ceo nocturno durante a Noite de Estrelas

Luns, 12 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organizou o pasado sábado 10 de agosto a Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, foi un éxito de participación.

O pasado sábado 10 de agosto, máis de 50 persoas puideron desfrutar dun paseo polos camiños do ceo e aprender a recoñecer os distintos elementos que o compoñen. Ese era o obxectivo principal da actividade Noite de Estrelas, enmarcada na programación estival da Aula da Natureza.

Os asistentes, que na súa maioría empregaron o servizo de autobús ofrecido pola organización, achegáronse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e descubriron planetas como Venus, Saturno ou Xúpiter guiados polo experto astrónomo Antón Bouzas. Así mesmo, afondaron nas diferentes disciplinas da astronomía, como a observación práctica, cultos e mitos, calendarios, representación simbólica de eventos, etc; é dicir, achegáronse ao coñecemento das percepcións humanas do ceo e a relación con diferentes aspectos da vida social.

O concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinala que “estamos moi satisfeitos coa ampla participación que está a ter esta iniciativa, e seguiremos impulsando este tipo de actividades para que toda a veciñanza poida participar”.

Así mesmo, Antelo lembra que durante o mes de agosto haberá dúas saídas máis, desta volta nos núcleos urbanos: o 16 de agosto no anfiteatro fronte a igrexa do Milladoiro, e o 17 no paseo fluvial de Bertamiráns.

Medio centenar de persoas desfrutaron do ceo nocturno durante a Noite de Estrelas

Multimedia

  • Medio centenar de persoas desfrutaron do ceo nocturno durante a Noite de Estrelas
  • Medio centenar de persoas desfrutaron do ceo nocturno durante a Noite de Estrelas
  • Medio centenar de persoas desfrutaron do ceo nocturno durante a Noite de Estrelas