- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, está executando unha actuación para mellorar as infraestruturas das artes escénicas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Nunha primeira fase modernizouse o sistema de iluminación, mentres que na segunda executarase a modernización do sistema de son e vídeo. Dito proxecto está cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do Regulamento (Unión Europea), número 2021/241, convocados para o ano 2024. En 2022 tamén se melloraron as instalacións do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. En total, en ambas actuacións, vanse investir 112.789,86 euros.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns contará cunhas infraestruturas de artes escénicas renovadas. Nunha primeira fase modernizouse o sistema de iluminación, mentres que na segunda executarase a modernización do sistema de son e vídeo. Dita actuación foi adxudicada á empresa Sergio González Taboada. O importe do contrato ascende a 46.105,76 euros, máis 9.681,21 euros de IVA, o que suma un importe total de 55.787,97 euros. Este importe divídese en dúas anualidades: en 2024 afróntase un gasto de 20.920,49 euros (o 37,50% do importe total) e en 2025 aboarase o 62,50% restante, que ascende a 34.867,48 euros.
Deste xeito, neste 2024 realizouse a mellora do equipamento de iluminación instalado en estrutura truss (12 unidades en cor branco de par led con zoom e 10 unidades de cor verde de proxector recorte led máis lente zoom. A primeira fase desta actuación executouse a través dunha axuda de 11.506,27 euros, que achegou a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). O Concello de Ames completou o financiamento desta actuación con 9.414,22 euros. Dita actuación está cofinanciada con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241.
O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, incide “na importancia de contar cunhas instalacións renovadas e modernas, xa que son necesarias para desenvolver a ampla programación cultural que ofrecemos ao longo do ano. Somos un Concello que ofrece unha programación moi variada e para iso temos que dispor dunhas instalacións nas mellores condicións posibles para que as compañías, grupos e asociacións veciñais poidan realizar as súas representacións e eventos sen atrancos”.
Mellora do equipamento do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
Esta actuación únese á executada en 2022 no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro na que tamén se executou a mellora do equipamento de iluminación, vídeo e son. Dita actuación foi cofinanciada con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (UE) número 2021/241, convocados para o ano 2022. Esta actuación foi adxudicada á empresa Tecesa Acústica Visual SL por un importe de 57.001,89 euros (IVE incluído). O importe da axuda concedida ascendeu a 29.646,08 euros. O importe restante, de 27.355,81 euros, foi sufragado polo Concello de Ames.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Mejoran los equipos escénicos de la Casa de la Cultura de Bertamiráns"
El Correo Gallego: "Modernizan os sistemas de son e vídeo da casa da cultura de Bertamiráns"