Pestanas principais

Memoria e proposta de deslinde dun camiño público da concentración parcelaria de San Lourenzo de Agrón

Xoves, 07 de decembro de 2017

[07-12-2017] O Concello de Ames informa sobre o aviso, a memoria e maila proposta de deslinde dun camiño público da concentración parcelaria de San Lourenzo de Agrón. O pasado 26 de outubro de 2017 o Pleno do Concello de Ames adoptou o acordo de deslinde dun camiño público que transcorre, entre outras, á par da parcela 932 adicional (procedente da segregación da número 143 da concentración), parcela 144 e parcela 146 de concentración parcelaria da zona de Agrón situadas no lugar da Ponte Nova. Premendo nos enlaces que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso, a memoria e maila devandita proposta.