Pestanas principais

Menú da Primavera lúdica dos días 18, 19, 20 e 25 de abril

Luns, 18 de abril de 2011

[18-04-2011] Picando na ligazón que hai ao pé deste aviso poderás descargar os menús que se servirán nos comedores durante o período que ten lugar a Primavera lúdica. Este programa desenvolverase durante os días 18, 19, 20 e 25 de abril. A Primavera lúdica nace coa intención de ofertar unha alternativa que permita cubrir o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo na época das vacacións escolares, á vez que se facilita a conciliación da vida laboral e familiar.