- Tematica
A Mesa Xeral de Negociación aprobou o pasado luns, 14 de novembro, as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos convocados polo Concello de Ames para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022. Con esta aprobación iníciase o procedemento para a súa fiscalización e aprobación en Xunta de Goberno Local. Posteriormente terá que publicarse nos boletíns oficiais que correspondan. A Oferta de Emprego Público (OEP) extraordinaria de estabilización do ano 2022 do Concello de Ames foi aprobada en Xunta de Goberno Local o pasado 23 de maio. Dita oferta inclúe 118 prazas (38 de persoal funcionario e 80 de persoal laboral). Trátase dun proceso de estabilización no que 113 prazas se estabilizarán unicamente por medio dun concurso de méritos e outras 5 prazas serán estabilizadas mediante o sistema de concurso-oposición.
A Mesa Xeral de Negociación vén de aprobar as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos convocados polo Concello de Ames para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022. Dita oferta de emprego foi aprobada previamente en Xunta de Goberno Local o 23 de maio. inclúe 118 prazas (38 de persoal funcionario e 80 de persoal laboral).
Os procesos selectivos realizaranse mediante o sistema extraordinario de concurso de méritos ou o sistema de concurso - oposición. Un total de 113 prazas irán polo sistema extraordinario de concurso de méritos, mentres que 5 prazas serán convocadas a través de concurso - oposición. No sistema extraordinario de concurso, a valoración dos méritos profesionais non poderán supor máis do 70% da puntuación máxima total, nin os méritos académicos menos dun 30%.
Cando o sistema selectivo sexa o concurso-oposición, a fase de concurso representará, como máximo, o 40% da puntuación total do proceso selectivo e consistirá tanto na valoración de méritos profesionais, que suporán o 90% da puntuación da fase de concurso, como na valoración de méritos académicos, que suporán o 10% da puntuación da fase de concurso. A fase de oposición valorarase cun máximo do 60% da puntuación total do proceso selectivo e constará dun único exercicio que versará sobre materias propias do acceso á vacante convocada.
Esta fase consistirá na contestación dun cuestionario tipo test no que cada pregunta disporá de tres respostas alternativas das que unicamente unha será válida. As respostas en branco e a resposta erróneas non descontarán. Fixarase unha puntuación mínima do 25% (15 puntos) para superar a fase de oposición.
O alcalde de Ames explica que deste xeito “dáse cumprimento á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que establece a obrigación para todas as administracións públicas de aprobar as bases antes do 31 de decembro de 2022. O obxectivo que ten este Goberno é crear emprego estable e reducir a temporalidade entre o persoal interino do Concello”.
Haberá dous anos executar todas as convocatorias
Trala aprobación da Lei 20/2021, do 28 de decembro, creouse unha comisión de traballo para a estabilización do persoal municipal. Deste xeito, dende o pasado mes de decembro de 2021, os representantes sindicais do persoal municipal e mailo Goberno local negociaron a elaboración da oferta de emprego e das bases que rexeran os procesos selectivos convocados polo Concello de Ames. A partir de agora e antes do 31 de decembro de 2022 haberá que convocar os correspondentes procesos selectivos. Posteriormente, haberá dous anos, ata o 31 de decembro de 2024 para desenvolver e executar todas as convocatorias.
O concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “esta medida permite dar resposta á situación de temporalidade que afecta a unha parte do persoal do Concello, reafirmando a disposición do Goberno local a dar maior seguridade aos traballadores interinos, dentro dos marcos definidos pola lei. O seguinte paso para avanzar no proceso de estabilización será convocar os correspondentes procesos selectivos, para o que a Lei 20/2021 sinala como data límite o 31 de decembro de 2022, debendo quedar resoltos completamente os procesos selectivos antes do 31 de decembro de 2024”.
Valoración dos presidentes do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal
O presidente do Comité de Empresa, Rubén Ramos, fixo unha valoración positiva sobre a aprobación de ditas bases e destacou o traballo feito ata o de agora. “Despois de varios anos traballando con diferentes fórmulas chegamos a un acordo por unanimidade de todos os sindicatos para aprobar as bases que van a rexer os procesos selectivos do proceso de estabilización. Hai que agradecerlle ao Goberno municipal a súa boa disposición na negociación do proceso de estabilización. Deste xeito, agardamos poder cumprir o importante obxectivo de que todo o persoal que leva traballando para e por o Concello de Ames durante moitos anos estabilice por fin o seu posto de traballo”.
Por último, o presidente da Xunta de Persoal, Juan Lemos, dixo que “é un gran avance para o persoal laboral e interino para que poidan estabilizar o seu posto de traballo. Despois de moito traballo e un longo percorrido aprobáronse por unanimidade de todas as seccións sindicais as bases que rexerán o proceso de estabilización”. Tamén destacou “a boa vontade e colaboración de todas as partes implicadas para chegar a dito acordo”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames estabilizará 113 empleos con un concurso de méritos y 5 con un proceso que incluirá examen"
El Correo Gallego: "El Concello estabilizará 113 plazas con concurso de méritos y 5 por oposición"