Pestanas principais

Música, exhibicións de baile e concursos de disfraces protagonizan a programación do “Entroido de Ames 2024”

Luns, 12 de febreiro de 2024

O Concello de Ames organizou un amplo abano de actividades para festexar o Entroido de 2024. Ao longo da pasada fin de semana celebrouse o festival da EMMA, a festa de Entroido do programa Amessan e unha festa de Entroido na que houbo exhibicións de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya. Tamén actuaron os coros do programa Amessan: Elelas e Voces da Maía; e maila charanga tributo Carlinhos Brown. Hoxe celebrase a festa concurso de disfraces infantil. A programación pecharase o domingo 25 de febreiro co concurso e desfile que se fará no Milladoiro. Estaba previsto para este pasado domingo, 11 de febreiro, pero cambiouse de data debido á previsión meteorolóxica. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotografías da programación "Entroido Ames 2024".

A programación de Entroido comezou o pasado mércores, 7 de febreiro, co concerto miúdo da Escola Municipal de Música de Ames, que se celebrou no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Actuaron arredor de 57 rapaces e rapazas das agrupacións/combos de música e movemento; linguaxe musical; violín “Jóvenes Águilas”; piano; canto e piano; combo de voces; guitarra; combo folk; combo EMMA e combo voces.

O pasado venres, 9 de febreiro, realizouse unha das actividades de Entroido que sempre xunta máis xente e conta cunha gran animación: a festa de Entroido do programa Amessan. As persoas maiores que participan en dito programa xuntáronse na Casa dos Maiores de Bertamiráns para pasar unha tarde entretida. Houbo unha gran afluencia de veciños e veciñas para participar nesta animada festa. Moitos deles/delas acudiron disfrazados e bailaron ao ritmo da música de José Manuel.

Tamén o venres 9 celebrouse o tradicional festival de Entroido da EMMA no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste festival participaron arredor de 65 rapaces e rapazas das agrupacións/combos de piano; frauta; grupo “Pesadillas de Aga”; combo EMMA e combo voces; grupo de música para adultos; combo “Nunca é tarde”; combo iniciación; combo xuvenil; e combo de adultos.

Por outra banda, o sábado 10 celebrouse a festa de Entroido na praza de Chavián, en Bertamiráns. Houbo unha exhibición de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya. En dita exhibición participaron máis de 100 alumnos/as deste club deportivo e mailo profesorado. Realizaron 14 actuacións a cargos dos diferentes grupos da escola e unha actuación conxunta de todo o alumnado. Finalmente, as profesoras e profesores do centro fixeron unha exhibición de baile para animara todo o público a bailas con elas/eles. Nesta festa de Entroido tamén actuaron os coros do programa Amessan: Elelas e Voces da Maía; e maila charanga tributo Carlinhos Brown.

Festa e concurso infantil de disfraces
Hoxe luns, 12 de febreiro, celébrase unhas das actividades principais da programación  de Entroido. Trátase da festa e concurso infantil de disfraces. Será na praza de Chavián a partir das 17.00 horas. Contarase coa actuación do grupo Pesdelán e o seu espectáculo Entroidanzas. Ademais, haberá música, un obradoiro de maquillaxes, etc.

Ata o de agora, para participar no concurso, hai inscritos tres grupos (formados por entre 5 e 6 integrantes) e 12 persoas inscritas na categoría de disfraces individuais, polo que hai apuntadas arredor de 30 persoas. Tamén existe a posibilidade de inscribirse de xeito presencial na praza de Chavián de 15:30 a 16:30 horas. Os/as participantes deberán presentarse na praza de Chavián entre as 16:00 e as 16:30 horas.

O xurado está composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización á orixinalidade, o traballo requirido na elaboración dos disfraces, é dicir se son elaborados total ou parcialmente polos participantes, a utilización de materiais empregados respectuosos co medio ambiente.

Establécense dúas categorías segundo o número de participantes: individual (de 1 ou 2 persoas ata 12 anos cumpridos) e grupos (máis de 3 persoas ata 12 anos cumpridos). Na categoría individual haberá tres premios: 75€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 25€ para o terceiro. Na categoría de grupos os importes dos premios son 250€ para o primeiro, 150€ para o segundo e 75€ para o terceiro.

Cocido dos maiores
Ademais, mañá martes 13 de febreiro realízase, por segundo ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará a partir das 14.00 horas no pavillón do Milladoiro. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. Hai inscritas arredor de 800 persoas, que poderán acudir, se así o desexan, disfrazadas. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Sargadelas y Fago flash ‘arrasan’ en la fiesta de Bertamiráns a la espera del cocido senior"

Ames Go: "Música, baile e concursos de disfraces para celebrar o Entroido de Ames"

Música, exhibicións de baile e concursos de disfraces protagonizan a programación do “Entroido de Ames 2024”

Multimedia

  • Música, exhibicións de baile e concursos de disfraces protagonizan a programación do “Entroido de Ames 2024”