- Tematica
A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a festa de Samaín de Bertamiráns este venres, 4 de novembro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Dita festa estaba prevista para o luns 31 e outubro, pero houbo que adiala debido ás inclemencias meteorolóxicas. Haberá un espectáculo infantil para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Nelson Quinteiro, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.
A localidade de Bertamiráns acollerá este venres, 4 de novembro, unha festa de Samaín, que se vai desenvolver no aparcadoiro da Telleira. O evento está organizado pola comisión de festas de Bertamiráns e conta coa colaboración de XEA (Xuntanza de Empresarios de Ames) e do Concello de Ames. O obxectivo é recadar fondos para as festas de Bertamiráns de 2023. Dita festa estaba prevista para o luns 31 e outubro, pero houbo que adiala debido ás inclemencias meteorolóxicas.
A festa comezará ás 18:00 horas co espectáculo Barullo de Nelson Quinteiro. Trátase dun espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos. Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no señor Patajullo, unha divertida personaxe que se chama así porque fai moito barullo. O obxectivo do espectáculo comeza coa teima de axudar ao seu amigo Pepe, un lindo porquiño, a atopar o instrumento que mellor vaia coa súa personalidade, estilo e tamaño.
Ás 20:30 será a quenda de Urakán, o grupo dos vocalistas Leo García e David Seara, que tamén forman parte da orquestra Finisterre. Haberá cantina, e os asistentes que acudan disfrazados entrarán no sorteo dunha cesta de carne e vexetais (doados por Carnicería Suso e Tomate más fruta) para facer un cocido. Todos os beneficios serán destinados á celebración das festas de Bertamiráns do vindeiro ano 2023.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “se trata da primeira festa de Samaín de Bertamiráns e agardamos que sexa a primeira de moitas”. Ademais, pon en valor este tipo de iniciativas “porque necesitamos dinamizar o comercio e maila hostalería local. A nova comisión de festas de Bertamiráns está traballando moi ben dende a súa constitución, primeiro no programa Ames en Festas, e agora coa organización deste novo evento. De seguro que durante os próximos meses nos van a sorprenden con novas iniciativas”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Gran festa de Samaín en Bertamiráns este venres"