- Tematica
Música, cine, literatura, teatro, obradoiros, xogos... preto de setenta actividades compoñen o programa “AmesON” co que as distintas concellerías xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de verán. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilarán polo AmesON son veciños e veciñas de Ames. Dará comezo o xoves 16 de xullo coa actuación de Xoan Curiel no Milladoiro e a presentación do fotopoemario “Os exilios que somos” de Xabier Ron e Irene Tomé no Milladoiro. A programación espallarase polas rúas, as prazas, os parques e mesmo os escaparates de varios comercios de Ames cun investimento próximo aos 100.000 euros. O obxectivo é dinamizar os sectores culturais e comerciais de Ames e como peza de arranque do Plan Reactiva Ames, de reactivación económica e social do concello trala Covid-19. Listaxe completa das actividades do programa Ames On.
O Concello de Ames márcase o obxectivo de levar ás rúas do concello numerosas actividades culturais e comerciais que estarán contempladas dentro do Plan Reactiva Ames, de reactivación económica que Ames ten deseñado para afrontar os meses posteriores ao confinamento. Desde o Concello apóstase decididamente por levar a numerosos puntos das rúas do Milladoiro e Bertamiráns, a activación económica evitando concentrar os eventos en puntos concretos para cumprir cos requisitos de distanciamento necesarios. Así, as actividades de pequeno formato serán as que primen ao longo do vindeiro trimestre. AmesON quere ser unha axuda directa á dinamización das rúas de Ames e que beneficien aos comercios e hostalaría que ao longo destes meses estivo pechada. As máis de 60 actividades programadas de música, teatro, cine, conciliación e deporte levarán a diferentes puntos a súa dinamización.
Desde o Concello trabállase xa na programación do último trimestre do ano e á espera do desenvolvemento da pandemia, de cara a seguir potenciando a actividade comercial e cultural no noso concello. Eventos como o Outlet, Innovames ou o Autocine, son algúns dos que se están pechando na actualidade. O Plan Reactiva Ames contempla tamén a campaña de comercio "Témolo todo" que busca resaltar a variedade e calidade dos produtos que se venden en Ames a través do pequeno e mediano comercio e no que calquera produto pode ser mercado no noso concello.
O “AmesON” comeza este xoves, 16 de xullo, con actividades que se desenvolverán nas dúas localidades urbanas do concello. Ás 20:00 horas, a praza da Manuel Murguía do Milladoiro, acollerá o concerto de Xoán Curiel “Danzamos no verán”, un espectáculo dirixido a público infantil e xuvenil. Media hora máis tarde, en Bertamiráns, o Pazo da Peregrina será o lugar onde se presente o fotopoemario “Os exilios que somos” do escritor, profesor e veciño de Ames, Xabier Ron, e a xornalista Irene Tomé.
Escapárate Chévere
O venres 17 de xullo, entre as 11:00 e as 14:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle o obradoiro “Crea a túa camiseta”. Tamén no Milladoiro, desde as 19:00 horas até as 21:00, diferentes escaparates da localidade converteranse en escenarios para as intervencións teatrais do grupo Chévere. A actividade leva por título “Escapárate Chévere”, polo que desde a Concellería de Promoción Económica convidase a todos aqueles establecementos que así o desexen a participar desta campaña co apertura do seu comercio hasta as 23.00 horas do venres no Milladoiro e sábado 18 de xullo en Bertamiráns. As 21:00 horas, os Retranqueiros amenizarán cun pasarrúas o traxecto que vai desde o edificio Santiago Sur, até a rúa Viorneira. As actividades rematarán ás 22:00 horas na praza da Madalena con “Música na noite” que correrá a cargo de Zeus RB e Diego Barbazán.
O sábado 18 de xullo, dentro do programa Concilila Ames entre as 12:00 e as 14:00h, os mais novos de Ames, poderán gozar na praza de Manuel Murguía montando en coches a pedais. A actividade repetirase na rúa Ameneiral de Bertamiráns entre as 18:00 e as 20:00 horas. O mesmo obradoiro “Crea a túa camiseta” que se desenvolveu o 17 no Milladoiro, terá lugar o sábado, 18 de xullo, entre as 11:00 e as 14:00 na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Os “Escaparates Chéveres” lucirán en varios establecementos de Bertamiráns entre as 12:15 e as 13:45 e entre as 20:30 e as 22:15. Unha novidosa forma de achegar o teatro á rúa e aos escaparates dos comercios de Ames, para que así os veciños e veciñas de Ames poidamos desfrutar dos comercios hasta as 23.00 horas da noite sábado, coa actuación do grupo “Caldo” na praza da Maía ás 22:30 horas.
O domingo 19 de xullo, o programa “Música na noite” traerá á praza de Manuel Murguía, ás 22:00 horas, a Diego Moreira e Nestor Peña.
Día de Galiza en Ames e últimas actividades de xullo
Cristian Leggiero e Patty Lesta pecharán o “Día de Galicia en Ames” que se celebrará o 23 de xullo no Pazo da Peregrina, as 20:30 horas.
Para o domingo, 26 está previsto outra entrega de “Música na noite” nesta ocasión con “conexión Habana”. Será na praza de Chavián ás 22:00 horas.
“AmesON” retoma a actividade o 31 de xullo cun obradoiro de Batukada que terá lugar entre as 19:00 e as 20:30 horas, na praza de Manuel Murguía. Un pouco máis tarde, ás 22:30, no anfiteatro do Milladoiro, actuarán Os Tocayos e DJ Federato.
Actividades do mes de agosto
Ao longo do mes de agosto o Concello programa diversas actividades dentro do programa de reactivación económica e dirixidas ao comercio. Así, comeza o mes de agosto o día 1 cun obradoiro na Casa da Cultura de Bertamiráns, que terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 horas e levará por título “Crea a túa bolsa”. Na mesma mañá do 1 de agosto, no Milladoiro, na praza de Manuel Murguía, entre as 12:00 e as 14:00h, a rapazada terá a oportunidade de conducir “coches a pedais”. Esta actividade repetirase en Bertamiráns, na rúa Ameneiral, entre as 18:00 e as 20:00h co obxectivo de dinamizar as rúas do municipio.
O día 1 de agosto tamén haberá unha sesión vermú, amenizada por 4TA BASE, na praza de Manuel Murguía. Ás 21:00, na explanada da Casa da Cultura do Milladoiro, actuará Odaiko co espectáculo “Vaia circo”. Hora e media máis tarde, no mesmo lugar, ás 22:30, a explanada acollerá a actuación do grupo musical A Roda.
Tamén o venres, 1 de agosto, ás 22:00 no Pazo da Peregrina actuarán Pepo Suevos e Federico Pérez con “A culpa é do sistema”.
O domingo 2 de agosto, Música na noite trae á praza da Madalena, no Milladoiro, a “Son de 3”.
Os días 6 e 7 de agosto comezará o Ciclo de Cine de verán. O parque do Ameneiral acollerá o día 6 de agosto, unha sesión co ciclo de cine xuvenil coa película “Quen a ferro mata”. Será ás 22:00 horas. O venres 7 de agosto, a Casa da Cultura de Milladoiro acollerá entre as 11:00 e as 14:00 o obradoiro “Creación da miña bolsa”.
O sábado 8, volven os “coches a pedais” á praza de Manuel Murguía do Milladoiro, entre as 12:00 e as 14:00h, e á rúa Ameneiral, entre as 18:00 e ás 20:00. Ademais un grupo de Batukada amenizará a mercado de Bertamiráns entre as 18:00 e as 19:30h; e Eva e Camilo farán sesión vermú na praza do Concello, ás 14:00 horas.
O 8 de agosto concluirá con dúas grandes actuacións musicais en Bertamiráns. As Leilia estarán ás 22:30h na parque do Ameneiral e o Grupo Arévalo e Yaneto, DJ, ás 23:00, na praza do Concello en Bertamiráns. A fin de semana concluirá o domingo 9, ás 22:00, na praza de Chavián, coa actividade “Música na noite” con Battosai que amenizarán as terrazas da contorna.
O domingo 16 de agosto, volven as Música na noite co cuarteto de música cubana, que actuará na praza de Manuel Murguía, ás 22:00 horas.
O xoves 20 de agosto, nova sesión do Ciclo Cine Xuvenil de verán. “A praia dos afogados” proxectarase no anfiteatro do Milladoiro, ás 22:00 horas. O venres 21 de agosto, entre as 11:00 e as 14:00 horas, a praza de Manuel Murguía do Milladoiro, acollerá a actividade “Diana fútbol -Slides". O sábado 22, haberá de novo coches a pedais na praza de Manuel Murguía entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Para o día 22 de agosto, será o parque do Ameneiral quen acolla entre as 11:00 e as 14:00 horas a actividade “Diana fútbol -Slides" e os coches a pedais estarán na rúa Ameneiral, ese mesmo día entre as 18:00 e as 20:00 horas.
Para o domingo 23, “AmesON” programa música na noite co grupo do veciño de Ames, Josito Porto, “Factoría de subsistencia”. O concerto terá lugar na praza da Maía ás 22:00 horas.
O martes 25 de agosto, o Pazo da Peregrina, acolle desde as 18:00 horas, “Brincadeiras Miúdas: Xogos do Paporubio”. A Actividade repetirase o mércores 26, no parque dos Piñeiros, a carón da piscina municipal do Milladoiro ás 18:00 horas.
Para o venres 28 de agosto, desde as 11:00 ás 14:00 horas, na praza de Manuel Murguía, está prevista a realización da actividade “Xogos de todo o mundo”. Ese mesmo día, na praza da Madalena, ás 22:00 horas, chega a actuación de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz co espectáculo “Fase Festa”.
O sábado 29 de agosto, será o parque do Ameneiral quen acolla entre as 11:00 e as 14:00 horas, a actividade “Xogos de todo o mundo”. O mesmo día, entre as 12:00 e as 14:00 volven á praza de Manuel Murguía os coches a pedais que estarán tamén na rúa Ameneiral entre as 18:00 e as 20:00. Xa pola noite, ás 22:00 horas no Pazo da Peregrina, haberá Cine de verán coa proxección de “A Esmorga”.
Para o último domingo de agosto, o día 30 na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20:00 horas teremos concerto dos amesáns Eva e Camilo. As 22.00 horas a praza do Concello, en Bertamiráns, acolle a actuación en acústico de Zeus RB + Diego Barbazán.
Actividades de setembro
AmesON non para despois do verán e no mes de setembro programa numerosas actividades de promoción cultural e económica. O martes día 1, a actividade “Brincadeiras Miúdas” trae ao Pazo da Peregrina a “Cé Orquestra Pantasma”, ás 18:00 horas. A actuación repetirase o mércores, 2 de setembro, no parque dos Piñeiros do Milladoiro ás 18:00 horas.
Para o venres 4 de setembro, volve o Ciclo de Cine Xuvenil e desta volta proxectase a película “O que arde”, no anfiteatro do Milladoiro ás 22:00 horas. Para o fin de semana, o sábado 5 entre as 10:30 e as 19:00 horas, na praza da Maía, terá lugar a actividade “Roadsters e clásicos” e o domingo 6, “Música na noite” volve á praza de Chavián con Cuarteto Música Latina.
Unha nova “Festa do Apego” vaise desenvolver no Pazo da Peregrina desde as 17:00 horas o día 11 de setembro. A festa continuará o sábado 12 de setembro, tamén no Pazo da Peregrina a partir das 11:00 da mañá. Esa mesma noite actuarán en “Música na noite”, o grupo Monoulios Dops que farán un concerto en acústico.
O venres 18, terá lugar unha marcha ciclista nocturna que sairá da praza do Concello ás 22:00 horas. O sábado 19, no Milladoiro, acollerá a partir das 17:00 horas a actividade de xogos populares en bici.
O mesmo día no Milladoiro, celebrarse a décimo quinta edición do Millarock, que volverá a vila de Ames, despois de ser adiada do tradicional mes de xullo.
Para o domingo 20 de setembro, está prevista unha andaina pola senda que une Milladoiro e Bertamiráns. O mes de setembro pecharase co programa Trouleando. Desde a distintas concellarías estase a pechar o programa do último trimestre do ano, para darlle continuidade as actividades do AmesON .
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames lanza un programa para revitalizar cultura e comercio nos meses de verán"
Compostela 24horas: "Nace o AmesON con máis de 60 actividades nas rúas de Ames para o vindeiro trimestre"
Revista Amsgo: "AmesON dinamizará as rúas os próximos meses"
El Correo Gallego: "Teatro, música, cine e deporte nas fins de semana en Ames"