Pestanas principais

Nicolás Fuentes Romero e Balancé Lírica gañan a primeira edición do “Baila con Ames”

Domingo, 01 de setembro de 2024

Este sábado, 31 de agosto, pechouse a primeira edición do concurso Baila con Ames. Unhas 650 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas da praza de Chavián de Bertamiráns desfrutando das distintas actuacións dende as 19.00 horas. Nicolás Fuentes Romero e Balancé Lírica foron os gañadores individual/dúo e grupal do evento organizado polo Concello de Ames e recibiron 1.000 e 1.500 euros en premios respectivamente. Premendo nestas ligazóns pódense acceder á primeira e á segunda galería de fotos do evento. Ademais, a través desta ligazón podes acceder ao vídeo resumo da final do Baila con Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou o pasado sábado, 31 de agosto, a gran final da primeira edición do “Baila con Ames”, que se desenvolveu na praza de Chavián, en Bertamiráns. Nesta fase final repetiron participación os 9 concursantes individuais e os 9 grupais que participaron na semifinal celebrada no Milladoiro o pasado mes de xuño.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, tivo palabras de felicitación e recoñecemento para as gañadoras e gañadores deste “Baila con Ames” así como para o xurado composto por Daniela Filloy Posada, Magaly Balsa Vilas e María Iglesias Bermúdez, “que non o tiveron nada fácil”. Paz explicou que este tipo de certames pretenden dinamizar o comercio local dando coñecer tanto para á veciñanza de Ames como para todos os asistentes da contorna a calidade dos comercios amesáns.

Premios
Nicolás Fuentes Romero, primeiro clasificado na categoría individual/dúo foi premiado cunha cesta de froita e 1.000 euros, mentres que Balancé Lírica, composto por Nerea Rial Pérez, Alexandra Rial Pérez, Aroa Mariño Quintás e Elena Otero Dopazo recibiu 1.500 euros. Os segundos e terceiros clasificados tanto na categoría individual/dúo (Paula Núñez Carballeira e Alessi Valeria Cancelo Gil) como na grupal (Academia Balance Teatro e Abba de Agro do Muíño) recibiron tarxetas valorada en 100 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e da Asociación Empresaria Novo Milladoiro.

Por cada categoría, as primeiras e primeiros clasificados levaron un único trofeo en recoñecemento da súa participación, unha única cesta saudable, un único vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso e a posibilidade de bailar nas Prebadaladas de Ames 2024.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El concurso Baila con Ames celebra la final con 18 candidatos"

El Correo Gallego: "Nicolás Fuentes Romero y el grupo Balance Lírica arrasaron en el primer certamen Baila con Ames con abarrote de público"

El Correo Gallego: "La familia del ganador teense en el certamen Baila con Ames tiene claro que “nació bailando""

Gañadoras e gañadores do Baila con Ames

Multimedia

  • Embedded thumbnail for