Pestanas principais

A nova améndoa central do núcleo urbano de Bertamiráns dálle prioridade ás persoas pero sen prohibir o tráfico rodado

Sábado, 30 de decembro de 2023

Recentemente remataron e foron recepcionadas as obras que se executaron para humanizar a améndoa central de Bertamiráns. Este proxecto estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. A través de dita actuación mellorouse a comunicación cos equipamentos públicos e as zonas verdes, contribuíndo á dinamización da economía e do comercio local. Actuouse en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Converteuse o centro urbano de Bertamiráns no eixe vertebrador da vila, sen prohibir o tráfico rodado, e dándolle prioridade ás persoas para favorecer que os percorridos cotiáns se realicen a pé. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo resumo sobre a evolución de dito proxecto.

O Concello de Ames pechou a finais deste mes de decembro a execución da EDUSI Impulsa Ames. Un dos proxectos máis importantes executadas dentro de dita EDUSI foi a humanización da améndoa central de Bertamiráns. Ademais, esta actuación é unha das boas prácticas enmarcadas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable (EDUSI), Impulsa Ames, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).  

O proxecto foi elaborado por Estudio Técnico Gallego e executado pola UTE Construcciones Cernadas SL e Vázquez Reino SL. O importe de adxudicación das obras ascendeu a 1.347.000 euros. Os obxectivos xerais da actuación foron favorecer que os percorridos cotiáns se realicen a pé; mellorar a comunicación cos equipamentos públicos e as zonas verdes; e contribuír á dinamización da economía e do comercio local. Deste xeito, actuouse en seis rúas e dúas prazas (avenida da Maía, travesía da Peregrina, rúa do Rueiro, rúa Alcalde Lorenzo, rúa Entrerríos, rúa Ameneiral, praza da Maía e praza do Concello) en tres fases distintas de execución.

A través de ditas obras executouse unha plataforma continua e á mesma altura na avenida da Maía, rúa Alcalde Lorenzo e na praza da Maía, para facilitar a mobilidade, o encontro da veciñanza e maila interacción social. Tamén se abordou a remodelación da rúa do Rueiro e da Travesía da Peregrina converténdoas nunha prolongación da praza da Maía no acceso cara ao parque do Ameneiral. Por último, executouse a conexión das rúas Entrerríos e Ameneiral coa praza do Concello e cun itinerario peonil e ciclable.

O alcalde, Blas García, explica que “as actuacións executáronse sobre o sistema viario xa existente, pensado e proxectado nun inicio dende a perspectiva do automóbil, pero que reverteron esta situación en favor do tráfico peonil e ciclista, de xeito que a améndoa central é un gran espazo cidadán no que se dan todas as facilidades necesarias para realizar os percorridos a pé e en bicicleta, e ao mesmo tempo permite dinamizar as actividades comerciais e de ocio”.

Problemas detectados e solucións adoptadas
Existían unha serie de problemas aos cales se deu solución coas obras executadas. Había un deseño non proporcional ás necesidades dos peóns con beirarrúas moi estreitas; deficiencias no cumprimento dos estándares de accesibilidade (plataformas a diferentes alturas, acceso ás beirarrúas, etc.); e unha contorna pouco amable coa peóns.

Coa humanización da améndoa central de Bertamiráns déuselle prioridade aos espazos peonís co incremento das beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e continuidade nos itinerarios. Tamén se calmou o tráfico reducindo a velocidade nas interseccións e coa creación de plataformas compartidas por vehículos e peóns. Por último, realizouse unha importante renovación da imaxe desta zona coa instalación de mobiliario urbano máis moderno e cunha maior coherencia nos diferentes pavimentos instalados.

Esta actuación é unha das boas prácticas enmarcadas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable (EDUSI), Impulsa Ames, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Con esta actuación o Concello abordou as principais dificultades e desafíos que xorden ao amparo do crecemento físico experimentado polo municipio nas últimas décadas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A humanización de Bertamiráns prima xa o peón e iguala plataformas"

Ames Go: "Bertamiráns conxuga o tráfico rodado coa prioridade peonil na súa améndoa central"

A nova améndoa central do núcleo urbano de Bertamiráns dálle prioridade ás persoas pero sen prohibir o tráfico rodado

Multimedia

  • A nova améndoa central do núcleo urbano de Bertamiráns dálle prioridade ás persoas pero sen prohibir o tráfico rodado