Pestanas principais

Nuno Castro, do MillaRaio, proclámase subcampión no Campionato Nacional de Sub14

Luns, 31 de maio de 2021

O atleta Nuno Castro Albán gañou a prata no triatlón B no Campionato de España Sub14 que se celebrou esta pasada fin de semana en Sevilla. No evento tamén participaron outros tres atletas do club MillaRaio acadando moi bos resultados nas súas categorías.

O MillaRaio foi o club galego con máis representación no Campionato de España Sub 14 Individual, que se celebrou en Sevilla esta fin de semana, do 29 ao 30 de maio, na Pista de Atletismo San Pablo.

O campionato contou con cinco modalidades de triatlón (probas combinadas), en tres das cales houbo representación do MillaRaio. No triatlón B (1000m, salto de lonxitude e lanzamento de xavelina) Nuno Castro Albán, quen se clasificou na sexta posición dos 24 admitidos, consegui ser subcampeón. Acadou 1.402 puntos, diferenciándose do gañador en 58 puntos.

O sábado remataba en primeiro lugar a lonxitude cun salto de 5,17 metros, finalizando a xornada de noveno despois da proba de 1000 metros. Na xornada do domingo, tras o último lanzamento de xavelina de 39,79 metros, pulverizando a súa marca persoal, Nuno cCstro lograba a medalla de prata.

Os outros tres atletas que representaron ao MillaRaio acadaron moi bos resultados. David Moreno Martín remataba no posto 16º, con 877 puntos, no triatlón E (80m, lanzamento de xavelina, e 2000m marcha). Na mesma categoría, Nadir Moreira Gómez logrou a 21ª posición 84o puntos.

Por outra banda, no triatlón C (80m, salto de altura e salto de lonxitude) participou Jorge García Guerra, quen conseguiu o posto número 22 e 806 puntos.

O MillaRaio mostrou na capital andaluza as súas destrezas acadando uns excelentes resultados para a expedición do club, adestrado por João Paulo Fernández, quen acompañou aos atletas.

Campionato Nacional de Sub14

Multimedia

  • Campionato Nacional de Sub14
  • Campionato Nacional de Sub14