Pestanas principais

O 15 de novembro remata o prazo para utilizar as tarxetas-bono da Campaña Merc@mes

Mércores, 03 de novembro de 2021

12 días quedan para que remate a segunda fase da campaña das tarxetas-bono Merc@mes, témolo todo! As persoas que o día 15 do mes de novembro non teñan gastado todo o saldo das tarxetas poderán solicitar a devolución do importe non consumido á Xuntanza de empresarios de Ames (XEA). A devolución dos cartos non incluirá a parte proporcional do valor subvencionado. A concellaría de Promoción Económica lembra que non se deben tirar as tarxetas posto que poderán recargarse nas próximas campañas Merc@mes nas que xa está traballando a concellaría de Promoción Económica.

A segunda fase da campaña Merc@ames, témolo todo! púxose en circulación o 15 de setembro. Esgotáronse as 2800 tarxetas que a concellaría de Promoción Económica sacou á venda nese intre. Vendéronse 1000 tarxetas de 50 euros e 1800 de 100 , o que supòn un total de 230.000 euros dirixidos á promoción do comercio e da hostalaría local.

A 17 de outubro xa se investiran 145.657 euros no comercio local. As tarxetas utilizáronse en 190 establecementos de Ames, xerando unha media de 766 euros de negocio en cada un deles. Realizáronse preto de 200 operacións diarias, investindo case catro mil euros ao día.

No que vai de campaña realizáronse 5729 operacións. Cómpre salientar que o récord de vendas produciuse o día 1 de outubro, día no que os clientes gastaron no comercio local 7.589 euros e visitaron 251 establecementos. A esta cifra que hai engadirlle cinco xornadas en que se superaron os 6.000 euros de vendas.

Os pequenos establecementos de comercio, coma tendas de deporte ou librarías, seguidos dos restaurantes e das tendas de alimentación (froiterías e carnicerías) acumulan as maiores cifras de facturación.

O volume de negocio entre as dúas fases da campaña ascende a 430 mil euros.

As tarxetas poderán recargarse en novas campañas
Unha vez rematado o prazo, o 15 de setembro, a concellaría de Promoción Económica está traballando para sacar unha nova campaña. Nesta ocasión, non se porán a venda novas tarxetas, senón que se poderán recargarán as xa existentes. Por este motivo, a concellaría de Promoción Económica pide a todas as persoas que posúen unha ou as dúas tarxetas non se desfagan delas e as utilicen para recargalas nas novas campañas.

A concelleira de Promoción Económica “agradece a todos os veciños, veciñas e visitantes da  contorna as súas compras no Comercio local e na hostalería. Desde a Concellería de Promoción Económica seguimos traballando para poder sacar adiante unha nova campaña e poder seguir  axudando nestes momentos que tanto necesitan”. Ana Paz tamén agradece ás tres asociacións do Concello, así como o departamento de Promoción Económica, o seu traballo.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames devolverá el dinero no gastado del bono Merc@mes"

El Correo Gallego: "Quedan doce días para gastar as tarxetas Merc@mes ou pedir os cartos"

Compostela 24 Horas: "O 15 de novembro remata o prazo para utilizar as tarxetas-bono da Campaña Merc@mes"

AMSGO!: "Once días para utilizar as tarxetas-bono da Campaña Merc@mes"

Campaña bonos Merca Ames