Pestanas principais

O alcalde de Ames amosa o seu apoio á veciña Sofia Rial que compite no concurso “Recantos” do Luar

Venres, 05 de febreiro de 2021

A veciña de Ortoño, Sofia Rial, compite, representando ás Terras de Compostela, no concurso “Recantos” do programa Luar da Televisión de Galicia. O certame está xa na 3ª fase e a competencia e cada vez máis forte. Esta noite tócalle intervir a Sofia e o alcalde, Jose Miñones, recibiuna para amosarlle o seu apoio no nome de todos os veciños e as veciñas de Ames. Pódese votar por Sofia a través do whatsapp 661 398 440, escribindo Voto Sofia. Tamén se pode facer a través do facebook Luar Páxina Oficial, do twitter @Luartvg: #VOTOSOFIA e do número de teléfono 988 600 681 que admite até cinco chamadas. Iso sí, a votación hai que realizala no mesmo momento do programa, despois da actuación, a partires de que a presentadora diga: “Abrimos liñas”.

Sofia, que naceu en Bos Aires, vive na parroquia de Ortoño desde hai dez anos. Desde pequena destacou polas súas dotes para o baile e o canto. Estudando bacharelato participou como cantante e bailarina no musical “Viaxe no tempo” do Instituto de Bertamiráns. Alumna de Najla Shami, Sofia formou parte do grupo tradicional “Herbadeira”, do Casino de Noia, lidera o grupo e heavy “Hidden Code” e acompaña ao seu pai, Hector Rial, no espectáculo “Pasional Tango”.

Ademais Sofia é a voz solista das panxoliñas “Disque lle din que o neno”e “Espérame Jesús que voy a visitarte”, gravadas en vídeo coa participación dunha boa parte da veciñanza de Ortoño e que acadaron un grande éxito de difusión, con milleiros de visitas nas redes. Foron precisamente os seus veciños e veciñas de Ortoño ás que a animaron a presentase ao concurso do Luar.

Pódese votar por Sofia de diferentes xeitos:
- A través do whatsapp 661 398 440, escribindo Voto Sofia.
- A través do facebook “Luar Páxina Oficial”, poñendo igualmente Voto Sofia.
- A través do twitter @Luartvg: #VOTOSOFIA .
- A través do número de teléfono 988 600 681 que admite até cinco chamadas.
Todas estas canles son gratuítas.

É importante lembrar que a votación hai que realizala no mesmo momento do programa, despois da actuación, a partires de que a presentadora diga: “Abrimos liñas”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Sofía Rial, en Recantos"

Revista AmesGo: "A veciña de Ortoño Sofía Rial volve competir hoxe no ‘Recantos’ do Luar"

 

O alcalde de Ames amosa o seu apoio á veciña Sofia Rial que compite no concurso “Recantos” do Luar