Pestanas principais

O alcalde de Ames, Blas García, participa na primeira xuntanza da nova Comisión Executiva da FEGAMP

Xoves, 21 de decembro de 2023

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou hoxe a primeira xuntanza da súa Comisión Executiva, elixida recentemente na XI Asemblea Xeral. Esta Comisión Executiva está presidida por Alberto Varela e conta con dezaseis membros máis, entre vicepresidencias (tres) e vogais (trece). O alcalde de Ames, Blas García, forman parte da Comisión Executiva como vogal e destaca a importancia de que Ames forme parte deste órgano para defender os intereses da veciñanza amesá.

O presidente da FEGAMP sinalou que “coa Comisión Executiva xa constituída e operativa a FEGAMP vai traballar dende xa en desenvolver todo o labor aprobado polos concellos e deputacións na pasada Asemblea” que relacionou os retos da FEGAMP para este mandato que son “o cumprimento do Pacto Local, asinado en 2006, o reforzo da coordinación das administracións dende a definición competencial e o seu financiamento óptimo regulado por lei para garantir o desenvolvemento dos servizos que se prestan, o recoñecemento da autonomía e a capacidade de intervención para poder seguir sendo a administración máis próxima para a cidadanía galega”.

A xuntanza serviu para constituír a Xunta de Voceiros e Voceiras, composta polo presidente, Alberto Varela (alcalde de Vilagarcía de Arousa); polo vicepresidente primeiro, Héctor Manuel Corujo (alcalde de O Incio); polo vicepresidente segundo, Secundino García (alcalde de San Sadurniño), e pola vicepresidenta executiva, María Barral (alcaldesa de Betanzos).

O alcalde de Ames, Blas García, forman parte da Comisión Executiva como vogal e destaca a importancia de que Ames forme parte deste órgano para defender os intereses da veciñanza amesá.

A Comisión Executiva elixiu a Secundino García como representante no Consello Territorial da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), recentemente constituído, do que tamén forma parte Alberto Varela que, como presidente da FEGAMP, é membro nato.

Tamén se aprobaron os nomeamentos para a Secretaría Xeral, Dirección Xeral e Coordinación. Patricia Vilán é a nova secretaria xeral, tendo desenvolvido ata agora funcións de asesora xurídica na FEGAMP. Como director xeral vai continuar José Manuel Chapela, e como coordinador incorpórase Xosé Manuel Rodríguez, que foi alcalde de As Neves ata as pasadas eleccións municipais.

O alcalde de Ames, Blas García, participa na primeira xuntanza da nova Comisión Executiva da FEGAMP

Multimedia

  • O alcalde de Ames, Blas García, participa na primeira xuntanza da nova Comisión Executiva da FEGAMP
  • O alcalde de Ames, Blas García, participa na primeira xuntanza da nova Comisión Executiva da FEGAMP