- Tematica
Blas García, alcalde do Concello de Ames, e Susana Señorís, concelleira de Deportes, deron a benvida ao ex xogador da NBA Craig Hodges na súa peregrinación ata Santiago. O deportista, tras realizar as cinco etapas do Camiño Portugués da Costa pasou polo Milladoiro.
Hodges, gañador de dous aneis, é o protagonista da sétima edición do documental 'El Camino acaba en el Obradoiro', unha iniciativa de Monbus Obradoiro que cada ano atrae a relevantes figuras do baloncesto nacional e internacional para realizar algunha das rutas xacobeas.
Nesta ocasión, o xogador de primeiro nivel chegou a Santiago de Compostela a pasado semana tras concluír a ruta do Camiño Portugués da Costa. Craig Hodges iniciou a ruta na Ramallosa e pasou polo Milladoiro, onde o recibiron Blas García, alcalde do Concello de Ames, e Susana Señorís, concelleira de Deportes.
Susana Señorís afirmou que: “Foi un pracer recibir en Ames ao xogador Craig Hodges, e falar con el un anaco antes de continuar o seu camiño cara o Obradoiro. Estamos moi agradecidos pola súa visita”.
Antes de comenzar a súa carreira profesional na NBA, xogou para os San Diego Clippers, os Milwaukee Bucks, os Phoenix Suns e os Chicago Bulls.
Hodges converteuse no segundo xogador (despois de Larry Bird) en gañar tres concursos de triplas consecutivas, en 1990, 1991 e 1992. No concurso de 1991 conseguiu anotar 19 triplos seguidos, obtendo o récord, que está vixente ata o día de hoxe.
Novas relacionadas
Revista AmesGO: "O ex xogador da NBA Craig Hodges visitou Ames facendo o Camiño Portugués"