Pestanas principais

O alcalde e a concelleira de Promoción Económica visitan as instalacións da empresa Conic Vascular España

Martes, 10 de marzo de 2020

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron esta mañá a empresa de material sanitario Conic Vascular España, guiados polo presidente e copropietario, Manuel Parente. Situada en Bertamiráns, a empresa está dedicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de dispositivos médicos nos campos de cardioloxía e a radioloxía intervencional. Fai uns meses a empresa asinou un contrato coa compañía saudita NABD Medical Industrial Company, para producir os seus produtos e patentes en Arabia Saudita.

Conic Vascular España é unha  entidade especialidade no deseño, desenvolvemento e produción de dispositivos médicos nos campos da radioloxía e cardioloxía intervencionista, tales como os catéteres de balón  PTCA e PTA e na tecnoloxía stent, para arterias coronarias e vasculares. Presidida por Manuel Parente, ten presencia en 55 países e unha rede de 35 distribuidores, sendo a única no seu sector en Galicia.

Esta mañá, o alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións de Conic Vascular en Bertamiráns. A visita comezou coa presentación, por parte do presidente e copropietario da empresa, Manuel Parente, da historia, evolución e funcionamento de Conic Vascular, a cal ten presencia en 55 países e unha rede de aproximadamente 33 distribuidores, sendo a única no seu sector en Galicia.

Manuel Parente amosoulles aos presentes como son os stents e as últimas innovacións destes, ademais de explicar as patentes nas que se encontran traballando agora mesmo. Finalmente, puxo fin á presentación explicando os procesos que foron levando a cabo despois de asinar un contrato coa compañía saudita NABD Medical Industrial Company, o cal supuxo comezar a producir os seus produtos e patentes en Arabia Saudita. De feito, o primeiro catéter feito en Arabia Saudita foi producido fai uns poucos días, o pasado 29 de febreiro.

O alcalde, Jose Miñones, destaca “a profesionalidade do traballo que se leva a cabo nas instalacións situadas en Ames e o carácter innovador da empresa que pasa por ser unha das máis internacionais, xa non só de Galicia, senón que de España. Para Ames é un orgullo saber que empresas deste calado elixen o noso concello para desevolver a súa actividade”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Tecnología médica desde Bertamiráns para 55 países"

Visita Conic Vascular

Multimedia

  • Visita Conic Vascular
  • Visita Conic Vascular
  • Visita Conic Vascular
  • Visita Conic Vascular
  • Visita Conic Vascular
  • Visita Conic Vascular