Pestanas principais

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais reúnense co vicepresidente de AGAFAN

Luns, 07 de setembro de 2015

[07-09-2015] O alcalde de Ames, José Miñones e a concelleira de Servizos Sociais e Benestar Social, Luisa Feijóo, coincidindo coa publicación no BOP das bases reguladoras das axudas a familias numerosas que concede o Concello de Ames, reuníronse esta mañá co vicepresidente de AGAFAN, a Asociación Galega de Familias Numerosas. Na reunión os representantes do Concello deron conta das axudas que Ames ofrece a estas familias en subvencións, descontos de IBI, bonificacións de taxas nos Servizos Complementarios de Conciliación da vida laboral e familiar e descontos e exencións no prezo das Escolas Infantís e da Escola Municipal de Música, ao tempo que foron informados dos servizos de asesoramento e realización de trámites de xeito gratuíto que AGAFÁN ofrece tanto aos seus asociados como ao resto das familias numerosas que o solicitan.

As familias numerosas de Ames gozan dunha bonificación na cota íntegra do imposto sobre a súa vivenda habitual en base a valor catastral e a categoría xeral ou especial da familia. Ademais o Concello contempla tamén bonificacións do 20 e o 50 por cen, dependendo da categoría xeral ou especial da familia numerosa, nas taxas dos Servizos Complementarios Educativos - comedores escolares, Boos Días Cole, Tardes Divertidas e Lúdicos de Primavera e Nadal- . Nos Servizos Culturais e Deportivos e no uso das instalacións para a práctica destas actividades teñen descontos os terceiros irmáns. Por outra banda, o Regulamento da Escola Municipal de Música contempla que están exentos do pagamento de matrícula os usuarios e usuarias menores de 18 anos que pertenzan a unha familia numerosa e nas Escolas Infantís dependentes do Concello os nenos e nenas pertencentes a familias numerosas teñen un desconto dun 20 por cento.

Por outra banda, todos os anos o Concello saca unha Convocatoria de Axudas á Familias numerosas Neste exercicio a contía é de 120.000 que se distribuirá en pagamentos de 1.200 euros por unidade familiar . As familias que o desexen poden acceder a elas no prazo dun mes a contar desde a data de hoxe, 7 de setembro de 2015 , na que se publicaron as bases no Boletín Oficial da Provincia. Bases que se poden consultar na seción de avisos desta páxina.  A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e a axuda consistirá no pagamento de 1.200 euros por unidade de convivencia. Con este tipo de iniciativas, o Concello de Ames pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos fillos.

De todas estas cuestións informaron o alcalde de Ames, José Miñones e a concelleira de Servizos Sociais e Benestar Social, Luisa Feijoo, ao vicepresidente de AGAFAN, a Asociación Galega de Familias Numerosas.  "Manifestamos que como  Concello máis xove de Galicia, queremos que esa realidade se vexa reflexada na vida municipal do día a día", declaran desde o Concello oalcalde  ea concelleira de Servizos Sociais 

Contido relacionado


"Las familias numerosas de Ames tendrán bonificaciones en impuestos"