- Tematica
As nenas e nenos da escola infantil municipal do Bosque, situada en Bertamiráns, foron partícipes da celebración do Día da Paz, que se conmemora o 30 de xaneiro. Este ano, o profesorado debuxou un globo aerostático, que colocaron na entrada, no que as familias pegaron frases relacionada relacionadas coa Paz.
A escola infantil municipal de O Bosque, conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz para recordar a importancia de valores e de pequenas accións que axudan a construír un entorno de paz.
Chegado o 30 de xaneiro, os nenos e nenas puxeron en valor os aspectos que se reivindican nesta celebración. Aspectos como a empatía, a solidariedade ou a gratitude, poténciase na escola cada día pero recordáronse de xeito especial durante esta xornada a través de xogos con globos, papeis e pombiñas.
Os máis pequenos encheron unha nubes con distintos materiais e posteriormente colocáronas arredor do globo aerostático situado na entrada; de cada unha desas nubes colgaban pingas con fotos de cada un dos nenos e nenas. Ademais, a xornada rematou con bailes e globos, ademais dunha merendola da que desfrutaron a media mañá.