Pestanas principais

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames grávase interpretando diferentes pezas musicais

Xoves, 06 de maio de 2021

Durante as últimas semanas o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames gravou seis vídeos. Na actividade participaron dous grupos de violín, con colaboracións de frautas, un de música e de movementos, o alumando de saxofón, de canto e de combos. As pezas poden ser vistas por toda a veciñanza a través da canle de YouTube do Concello. 

O pasado 1 de outubro botou a andar o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Música de Ames. Para a volta ás aulas do alumnado da EMMA foi necesario elaborar un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19, que está baseado nas indicacións sanitarias xerais e considerando tamén ás relativas ás actividades educativas e musicais.

Como xa se fixera coa festividade de Nadal, os alumnos e alumnas da Escola gravaron uns vídeos interpretando diferentes cancións nas últimas semanas para demostrar o aprendido neste curso.

Deste xeito, os máis pequenos e pequenas, do grupo de música e de movementos, de 5 anos, disfrazados, interpretaron “Pirata Metepata”. Ademais, o vídeo “Mi amigo extraterrestre” estivo interpretado por dous grupos que se disfrazaron de extraterrestres. Neste vídeo participaron os máis pequenos e pequenas da clase de música e de movemento, de 4 a 6 anos, e a música puxérona “Jóvenes Águilas”, o grupo de violín coa colaboración do grupo de frautas.

Outro grupo de violín, o “Pesadillas de Aga”, tocou California Dreamin’, dos Beach Boys. Neste vídeo tamén participaron dúas rapazas de frautas. Na canle de YouTube tamén se pode ver ao grupo de rapaces e rapazas de canto que interpretan as cancións “Color Esperanza” e “Wake Up”.

Por último, o alumando de saxofón, coa colaboración da aula de violín, gravou “Manha de Carnaval”, e o combo da EMMA gravou un mix de Michael Jackson e Whitney Houston.

EMMA

Multimedia

  • EMMA
  • EMMA
  • EMMA
  • EMMA
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for