Pestanas principais

O alumnado do programa InserAmes-Brión fai un percorrido didáctico polas instalacións do Servicio Móvil en Negreira

Venres, 03 de xuño de 2016

[03-06-2016] Un grupo do alumnado que participa no programa InserAmes-Brión visitou as instalacións que a empresa Servicio Móvil ten en Negreira. Ademais de coñecer as infraestruturas e o funcionamento desta empresa, participaron no coloquio “Perfil adecuado para conseguir o primeiro emprego no sector loxístico”. Dous dos principais obxectivos do programa InserAmes-Brión son a inserción laboral e a mellora da empregabilidade das súas alumnas e alumnos.


A empresa Servicio Móvil leva colaborando ao longo de varias edicións co programa Inser-Ames Brión. A visita deste venres as súas instalacións no polígono industrial de Cobas en Negreira estruturouse en tres partes. O director da plataforma loxística, Eugenio Rossignoli, o director de procesos externos, Gonzalo Folgueira, e o director de procesos internos, José Ramón Rendo, presentáronlles o proxecto e actividade aos alumnos e alumnas. Tamén os guiaron a través das instalacións, para que puidesen comprobar de primeira man as tarefas que nelas se desenvolven e os distintos postos de traballo que compoñen o plantel.

Para finalizar o alumnado participou no coloquio Perfil adecuado para conseguir un primeiro emprego no sector loxístico. A través del coñeceron os distintos perfís que se precisan nunha planta loxística como a que visitaron, como se leva a cabo o proceso de selección de traballadores e traballadoras, así como a resposta as dúbidas que foron plantexando.

Obxectivos do programa InserAmes-Brión
A oitava edición do programa InserAmes-Brión comezou en setembro de 2015 e desenvolverase ata o 31 de agosto de 2016. Neste programa participan 80 alumnas e alumnas. Os perfís do alumnado é bastante similar: menores de 30 anos, desempregados e con nivel de estudios máximo de secundaria e bacharelato. O programa busca axudalos e axudalas a mellorar a súa formación, aumentando as súas posibilidades de atopar emprego.

Para iso lévanse a cabo titorías individuais; formación transversal (inglés e informática), para o emprego (elaboración de CV, entrevistas de traballo, marca persoal), homologada (manipulador de alimentos, PRL, de plataforma elevadora, etc.) e específica (operacións auxiliares de almacén, actividades auxiliares de comercio, técnicas básicas de produción téxtil, xardinería, operacións básicas de pisos en aloxamentos, limpeza de superficies e mobiliario), prácticas non laborais e asesoramento para o autoemprego.

Ademais, o programa realiza actividades de prospección de empresas, pera detectar as súas necesidades de contratación de perfís profesionais, e fai de intermediario entre as empresas e os participantes. Servicio Móvil é unha das empresas que colabora con InserAmes-Brión, pero hai máis. O delegado provincial de selección de persoal de El Corte Inglés vén de interesarse polo programa e realizou unha visita ao centro de formación, onde se imparte o programa InserAmes-Brión, situado na urbanización de Aldea Nova.


Contido relacionado


El Correo Gallego:"Os usuarios do programa amaiano InserAmes-Brión aprenden en Servicio Móvil "