- Tematica
O amesán, Alberto Rodríguez, veciño do Milladoiro, proclamouse campión galego júnior en 2019 e 2020, na disciplina de halterofilia. Alberto Rodríguez competiu na categoría de levantamento de peso (ata 73 quilogramos de peso). O segundo campionato galego conseguiuno no pasado mes de outubro. Ademais, con tan só 20 anos participou nos mellores torneos de crossfit acadando varios podios.
Aos 15 anos, este rapaz do Milladoiro, Alberto Rodríguez, comezou a súa andadura deportiva. O seu primeiro contacto coa halterofilia, disciplina que consiste en levantar peso, foi co Club Halterofilia Sulyos. Non conforme con isto, Alberto compaxinou estes adestramentos co crossfit no centro Berkana, en Santiago.
A nivel crossfit participou no 2018 no Frenchthrowdown, en París, un dos mellores torneos en Europa en categoría Teen, é dicir, ata os 18 anos. Nesta competición só participan os dez rapaces que mellores resultados acaden nun estrito proceso de clasificación. Alberto tamén participou noutros torneos nacionais a nivel individual, por parellas e por equipos en categoría adulta acadando varios podios como no Vigobattleofteams ou no Spanishthrowdown.
O amesá conseguiu grandes resultados tamén en halterofilia. No 2019 e neste ano, 2020, proclamouse campión galego júnior na categoría de levantar ata 73 quilogramos de peso. Participou no campionato de España júnior na mesma categoría, no 2019 e no 2020, acadando o quinto posto ámbolos dous anos. Neste último campionato de España, disputado na Coruña o pasado 17 de outubro, Alberto conseguiu novas marcas a nivel galego júnior cas seguintes marcas, Arrancada 102 quilogramos, Dous tempos 125 quilogramos e no Total Olímpico 227 quilogramos.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Título galego e récord do júnior Alberto Rodríguez"
Compostela 24 horas: "O amesán Alberto Rodríguez proclámase campión galego júnior de halterofilia"