Pestanas principais

O “AmesON de verán” toca ao seu fin cunha actuación da orquestra Olympus este domingo, 3 de setembro

Venres, 01 de setembro de 2023

A iniciativa de música na rúa “AmesON de verán”, posta en marcha pola concellaría de Promoción Económica, chega ao seu fin esta semana. Este domingo, 3 de setembro, terá lugar unha actuación da orquestra Olympus, no aparcadoiro do SuperCor, no Milladoiro. Será ás 19:00 horas. Previamente, as gañadoras das distintas categorías do Canta con Ames 2023, María Caamaño, Antía Boo e Antía Holovat, serán as abreconcertos. 

O “AmesON de verán” 2023, que achegou ao municipio un total de oito actuacións musicais para todos os públicos durante os meses de xullo e agosto, toca ao seu fin este domingo, 3 de setembro, co concerto da Olympus. A orquestra, radicada en Negreira, chega a Milladoiro coa súa xira “Red tour”, coa que fará bailar e gozar a toda a veciñanza. Será ás 19:00 horas.

Previamente, como abreconcertos, actuarán as gañadoras das distintas categorías do Canta con Ames 2023: Antía Holovat, Antía Boo e María Caamaño. Trátase dun dos premios do concurso, que este ano acadou a súa terceira edición.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, sinalou que “esta edición do AmesON de verán logrou, un ano máis, unha gran acollida da veciñanza. Este domingo pechamos esta iniciativa cun dos pratos fortes, a actuación da orquestra Olympus. Convidamos a toda a veciñanza de Ames e da contorna a que se achegue a gozar”.

Paz explicou tamén que “contaremos tamén coas gañadoras do Canta con Ames, que terán a oportunidade de mostrar o seu talento como abreconcertos da orquestra”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "La orquesta Olympus cierra hoy el programa 'AmesON de verán'"

La Voz de Galicia: "Teloneras de la Olympus como estreno en Ames"

Cartaz do AmesON de verán

Multimedia

  • Cartaz do AmesON de verán
  • Embedded thumbnail for