- Tematica
O programa “AmesON” organiza un novo concerto o sábado 28 de agosto. O grupo Virtual Project actuará no Parque de Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas onde vai sorprender aos asistentes con música pop/rock nacional e internacional dos anos 80 e 90.
A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante o verán.
O último concerto do mes de agosto será o do grupo Virtual Project, un proxecto que naceu como ante a imposibilidade de facer directos durante a pandemia.
O repertorio de Virtual Project está formado por música pop/rock nacional e internacional dos anos 80 e 90. Este quinteto chega a Ames coa pretensión de animar ao público a cantar, bailar e recordar momentos da mocidade.
O próximo concerto do AmesOn será o vindeiro venres 3 de setembro coa actuación da Orquestra París de Noia.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Virtual Project leva o pop ao Parque do Ameneiral"