Pestanas principais

O AmesON segue no Milladoiro con música de versións

Mércores, 28 de xullo de 2021

O programa organizado pola concellaría de Promoción económica continúa o xoves 29 de  xullo co concerto de SAMCO. O cuarteto versiona clásicos dos 80 e 90 e temas actuais en clave de jazz, rock, pop ou bossa nova. O concerto celebrarase  na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas.

A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O sexto concerto do “AmesON”, dos trece que están programados, será o do cuarteto  SAMCO

O grupo vai sorprender aos á veciñanza amesá coa súa música de versións e co seu formato elegante. SAMCO está formado por Sandra Campos á voz, Juan Villavivencio no baixo e no contrabaixo, Save System nos teclados e Rober Vázquez á batería.

A música do “AmesON” volverá o sábado 31 coa música de autor de Xosé Constenla. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

Novas relacionadas:

 

El Correo Gallego: "O AmesOn achegará a música dos anos oitenta e noventa ao Milladoiro"

 

Revista AmesGo: "SAMCO estará mañá en concerto no Milladoiro no AmesON"

Grupo SAMCO