Pestanas principais

O Apalpador visita Ames da man do programa Apego

Martes, 12 de decembro de 2023

O Apalpador visitará Ames o vindeiro venres, 15 de decembro, da man do programa Apego. Estará no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns a partir das 18:00 horas e, igual que o ano pasado, estará acompañado pola Banda da Montaña. Ademais, chegará cargado de contos, cantos e agasallos para todos os nenos e nenas que acudan a velo. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o 14 de decembro enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal. Nel debe indicarse nome e apelidos das persoas asistentes, a idades das crianzas e os acompañan e un teléfono de contacto.

O Apalpador é a figura mítica dun xigante carboeiro, moi ligado á tradición do Nadal en Galicia. Este ano chega a Ames coa Banda da Montaña, cargado de contos e de música. Ademais, durante a súa visita repartiralles un agasallo procedente da súa terra, a Serra do Courel, a todas as crianzas que acudan. Así mesmo, tamén recollerá as cartas que os nenos e nenas lle queiran deixar.

A actividade realizarase no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o venres 15 de decembro, ás 18:00 horas. Recoméndase que as familias que acudan leven roupa de abrigo, pois a actividade desenvolverase no exterior.

Inscricións
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o xoves 14 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique o nome e apelidos dos r das asistentes e a idade das crianzas que participarán, así como un número de teléfono de contacto.

O programa Apego: actividades, formación e recursos para as familias
O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, empregando distintas actividades e recursos.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Cartaz da visita do Apalpador

Multimedia

  • Cartaz da visita do Apalpador
  • Cartaz da programación de Nadal