Pestanas principais

O atelier Juana Rique de Ames expuxo a súa nova colección nupcial na Semana da Moda de Madrid

Mércores, 19 de outubro de 2022

Atelier Couture, unha das citas da Semana da Moda de Madrid, volveu converterse no escaparate dos atelieres españois na súa oitava edición, os pasados días 4 e 5 de outubro. Un das marcas que participou no Atelier Couture 2022 foi o atelier Juana Rique de Ames. Trátase dunha empresa que naceu desde a experiencia da súa tenda en Bertamiráns, Mariana, da man das irmás Ana e María Verde. O atelier amesá mostrou a súa nova colección nupcial nun desfile celebrado no Palacio de Santoña. O desfile estivo composto de pequenos sets nos que se recollen noivas moi diferentes, eso si, todas, cun denominador común: carácter fortaleza, e autenticidade.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, quere poñer en valor o tecido comercial e empresarial de Ames. Neste caso quérese destacar o traballo do atelier Juana Rique, que expuxo a súa nova colección nupcial na Semana da Moda de Madrid. O atelier amesá mostrou a súa nova colección nupcial nun desfile celebrado a primeira semana de outubro no Palacio de Santoña.

Juana Rique é unha empresa que naceu desde a experiencia da súa tenda en Bertamiráns, Mariana, punto de venda multimarca, cunha traxectoria de máis de 14 anos. O esforzo de tres mulleres que, aínda que teñen perfís profesionais diversos, confluíron á perfección na creación deste gran proxecto. Juana Rique é o resultado do traballo de Ana Verde –economista especializada en marketing e finanzas, quen fundou a firma en 2002–, e da súa irmá María Verde  –deseñadora, estilista e patronista á fronte do atelier– .

Nesta nova colección as irmás Ana e María Verde reden homenaxe ás noivas pola valentía e forza e por seguir adiante coas súas vidas e retomar os seus plans con alegría e ilusión en canto se puido despois da pandemia. Ademais, explican que “o seu desfile estivo composto de pequenos sets nos que se recollen noivas moi diferentes, eso si, todas, cun denominador común: carácter fortaleza, e autenticidade. As mesmas características nas que pensamos cando deseñamos para unha muller no día do seu enlace. Así comezamos con Juana Rique e así continuamos”.  

Engaden que “o desfile é un agradecemento as nosas noivas. Coas súas palabras reconfortáronnos e animáronnos. Non podemos máis que agradecerllo facendo isto, o mellor que sabemos: crear prendas con ilusión para unha vida que, pese a todo, segue adiante”.

En xeral as creacións de Juana Rique caracterízanse pola riqueza dos seus tecidos, o contraste de texturas e o xogo de superposicións e bordados que outorgan presencia a pezas dignas de un coidado ajuar. Contan con cortes estudados, precisos sempre, coidados bies e un acertado manexo de tecidos máis ríxidos, conseguindo unha paradóxica lixeireza que son reflexo da boa costura, sen dúbida, característica fundamental deste atelier. Pinceladas de cor negro xogan sempre un papel principal para resaltar e contrastar liñas e/ou detalles. A forza da cor negra recorda a antigas tradicións.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca “a calidade dos traballos de Juana Rique, tal como quedou demostrado na Atelier Couture, unha das citas da Semana da Moda de Madrid que se celebrou durante a primeira semana deste mes de outubro. Dende o Concello queremos felicitar a Juana Rique por este novo éxito. Xa colaboramos coa tenda Mariana en programas e eventos municipais que fixeron durante os últimos anos e agardamos poder seguir facéndoo en proxectos futuros”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El atelier Juana Rique de Bertamiráns llega a la Semana de la Moda madrileña"

AMSGO!: "O atelier Juana Rique leva a Madrid a moda amesá nun desfile nupcial"

O atelier Juana Rique de Ames expuxo a súa nova colección nupcial na Semana da Moda de Madrid

Multimedia

  • O atelier Juana Rique de Ames expuxo a súa nova colección nupcial na Semana da Moda de Madrid