Pestanas principais

O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación do 8M para non comprometer o congreso do PSOE

Martes, 11 de marzo de 2025

O Bloque Nacionalista Galego de Ames quere manifestar o seu profundo rexeitamento á decisión do alcalde de Ames de adiar os actos de reivindicación do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, coa escusa das condicións meteorolóxicas adversas. Consideramos que este aprazamento non responde a razóns climatolóxicas, senón á vontade de non interferir no congreso rexional do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), celebrado esta fin de semana.

Resulta evidente a falta de compromiso do goberno municipal co movemento feminista cando prefire relegar a loita polos dereitos das mulleres a un segundo plano para non afectar os intereses do seu partido. É especialmente rechamante que o secretario xeral do PSdeG si participase na manifestación convocada en Santiago de Compostela o propio 8M, a pesar das mesmas condicións meteorolóxicas que o alcalde de Ames utilizou como escusa para adiar o acto local.

Desde o BNG de Ames reivindicamos que a loita feminista non pode supeditarse a axendas políticas nin a cálculos partidistas.O Día Internacional da Muller é unha data de enorme importancia na loita pola igualdade,e ningunha escusa pode xustificar o seu adiamento cando en moitos outros lugares os actos e manifestacións se desenvolveron con total normalidade.

O compromiso co feminismo demóstrase con feitos e non con palabras baleiras. Por iso, instamos ao goberno municipal a que se tome en serio as reivindicacións do 8M e que priorice a defensa dos dereitos das mulleres por riba de intereses partidistas

O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación  do 8M para non comprometer o congreso do PSOE

Multimedia

  • O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación  do 8M para non comprometer o congreso do PSOE