Pestanas principais

O CEIP de Barouta organiza o 25 de maio a Festa da Primavera

Xoves, 16 de maio de 2024

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan para o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

O CEIP de Barouta promove unha Festa da Primavera, que terá lugar o sábado 25 de maio na praia fluvial de Tapia. O evento comezará ás 17:00 horas, e nel haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas. Ademais, haberá unha tómbola con máis de 70 premios.

Ao remate da xornada, Pakolas ofrecerá un concerto. Paco Cedeira, máis coñecido como Pakolas, é guitarrista, compositor e produtos de música pensada para os máis cativos. Leva adicándose ao público infantil desde fai mais de 15 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego). No 2018 recibiu o Premio Galego da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, e en abril de 2023 gañou o XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña.

A festa está organizada polas familias de 6º de Ed. Primaria e o CEIP de Barouta, en colaboración coa ANPA do Centro e o Concello de Ames.

O CEIP de Barouta organiza o 25 de maio a Festa da Primavera

Multimedia

  • O CEIP de Barouta organiza o 25 de maio a Festa da Primavera