Pestanas principais

O Centro Deportivo Municipal da Telleira abre as súas portas á veciñanza amesá para que proben as novas instalacións

Martes, 16 de outubro de 2018

[16-10-2018] O Centro Deportivo Municipal BeOne A Telleira celebrará unha semana de portas abertas do 17 ao 24 de outubro, para que todos os veciños e veciñas de Ames poidan probar o novo equipamento e as novas instalacións tras tres meses de obras de ampliación e reformas dos espazos actuais. Ao longo de sete días o devandito centro deportivo acollerá unha programación especial de actividades. As obras executadas permitiron dispor dunha nova sala de fitness, novas salas de actividades, nova área de xogos infantil e novo sistema de reserva de actividades.

O Centro Deportivo Municipal A Telleira volve apostar polo fomento da práctica deportiva entre a veciñanza de Ames. Así, a instalación de Bertamiráns conta con actividades infantís e unha ampla grella para conciliar o horario das persoas adultas para que poidan practicar o deporte que máis lles guste mentres as máis cativos se divirten. Ademais contan con escolas infantís de natación onde as nenas e nenos poderán aprender e perfeccionar a súa técnica na auga. As instalacións do centro dispoñen de 1.000 metros cadrados.

Para obter máis información sobre a oferta do centro e os prezos pódese chamar ao teléfono 981 891 081 ou enviar un correo electrónico ao enderezo atelleira@beone.es. O horario de inverno da Telleira é, de luns a venres, de 07:30 a 23:00 horas. Os sábados o centro abre de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os domingos e festivos o horario de apertura vai de 09:00 a 14:00 horas.
O Centro Deportivo Municipal BeOne A Telleira celebrará unha semana de portas abertas do 17 ao 24 de outubro para que todos os veciños de Ames poidan probar o novo equipamento e as novas instalacións tras tres meses de obras de ampliación e reformas dos espazos actuais. 

O novo complexo deportivo conta dende este luns, 15 de outubro, cunha sala fitness totalmente renovada de 200 metros cadrados e con nova maquinaria fitness de última xeración. Deste xeito, pasa a ter 4 salas de actividades dirixidas: unha polivalente, unha para ciclo indoor, unha para adestramentos funcionais e outra para actividades brandas. Ademais, conta cunha nova zona de xogos infantís que permitirá aos pais e nais gozar do seu deporte preferido mentres os seus fillos o pasan en grande. A todo isto hai que sumarlle a piscina e a sauna que xa existían antes da reforma. 

Durante os sete días que duren as xornadas de portas abertas, o centro, sumadas ás actividades diarias, ten preparadas master class especiais de ioga, Body Combat ou Zumba para mostrarlles aos máis escépticos o divertido ou relaxante que pode chegar a ser a actividade física. Tamén contará con actividades especiais para nenos/as e moitas máis sorpresas. Pódese consultar a axenda completa de actividades na páxina de Facebook da instalación. 

A ampliación que se está a realizar está encadrada dentro da prórroga contractual de servizos por parte da empresa co Concello de Ames e que foi aprobada a comezos do presente ano. O importe da obra ascendeu aos 321.103,75 euros. 

O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, destaca que “a mellora destas instalacións permite incrementar o número de usuarios e o que é mais importante, prestar os servizos cunha mellor calidade. Ames co perfil xove que ten necesita de espazos deportivos acordes á demanda existente, e de aí que esteamos contentos das obras que se executaron, xa que os principais beneficiarios serán os veciños e veciñas de Ames, que así o estaban demandando. Dende esta semana xa se poden empregar estes novos espazos”.