Pestanas principais

O club Ames Atletismo logra a súa primeira medalla a nivel nacional no Campionato de España de Marcha

Xoves, 26 de decembro de 2024

O pasado 8 de decembro celebrouse o Campionato de España de Marcha atlética en ruta, na localidade cántabra de Castro Urdiales, onde participaron dous atletas de Ames Atletismo, Nicolás Collazo e Icía Ares. Nicolás acadou a terceira posición na categoría sub 18 nos 5 quilómetros marcha, conseguindo así a súa primeira medalla nacional e tamén a primeira a nivel nacional para o club amesán. Ademais, o atleta tamén rompeu o récord galego nesta proba, finalizándoa en 21 minutos e 19 segundos. Pola súa banda, Icía acadou unha fantástica cuarta praza na súa categoría e bateu tamén a súa propia marca persoal en máis de 30 segundos.

O club Ames Atletismo acadou este pasado 8 de decembro a súa primeira medalla nun campionato a nivel nacional, co bronce conseguido polo atleta Nicolás Collazo no Campionato de España de Marcha Atlética en ruta que, ademais, bateu o récord galego nesta categoría ao conseguir rebaixalo en 49 segundos nunha complicada carreira polas condicións meteorolóxicas. Ao campionato tamén acudiu Icía Ares, atleta tamén de Ames Atletismo que compite no club asociado Ourense Atletismo, acadando a cuarta praza na categoría sub 18 nos 5 quilómetros marcha e batendo a súa propia marca persoal.

Este logro supón un gran impulso para o club que comezou a andar hai só 5 anos. David García, representante do club Ames Atletismo, amosouse moi satisfeito co camiño que están a levar, “Arrancamos o club con 12 persoas no 2019, cada ano o grupo vai medrando,  especializándose nas disciplinas e os resultados van acompañando, o que tamén axuda a que todo vaia na boa dirección”. En canto ao resultado acadado por Nicolás, David García destacou que “marca un antes e un despois na súa carreira e é un impulso para seguir traballando”.

Ademais do gran logro de Nicolás, a outra representante do club neste campionato, Icía Ares, acadou na súa categoría a cuarta posición tras unha gran carreira na que chegou ata os últimos metros pelexando polo bronce. Asemade, a atleta bateu a súa propia marca persoal, rebaixándoa en máis de 30 segundos.

Novas relacionadas:

Diario Compostela: "El Ames Atletismo celebra su primera medalla nacional con récord incluido"

O club Ames Atletismo logra a súa primeira medalla a nivel nacional no Campionato de España de Marcha

Multimedia

  • O club Ames Atletismo logra a súa primeira medalla a nivel nacional no Campionato de España de Marcha
  • O club Ames Atletismo logra a súa primeira medalla a nivel nacional no Campionato de España de Marcha