Pestanas principais

O club Ames Atletismo ofrece xornadas de portas abertas e un campus deportivo no mes de setembro para achegarse a este deporte

Xoves, 15 de agosto de 2024

O club Ames Atletismo vén de presentar a tempada deportiva 2024/25, que dará comezo a partir de setembro cun mes de portas abertas e un campus deportivo. O club seguirá adestrando tódalas disciplinas do atletismo dun xeito lúdico e adaptándose ás necesidades de cada atleta. Un ano máis, contará coa colaboración do Concello de Ames na cesión de instalacións deportivas e na promoción da programación deportiva.

Mes de portas abertas
Esta iniciativa ten como obxectivo poñerse a disposición de todos os rapaces e rapazas que queiran probar a actividade e descubrir todas as modalidades que esta ofrece. Ao longo do mes de setembro, as persoas interesadas (sempre nadas en 2019 ou anos anteriores) poderán acudir a adestrar todas as veces que o desexen.

O lugar de adestramento é o centro de lanzamentos de Ames (na parte traseira do colexio de Ventín). As xornadas de portas abertas realizaranse de luns a venres, ás 18:00 horas. Para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web de Ames Atletismo premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, amesatletismo@gmail.com.

Campus de iniciación ao atletismo
Este campus está orientado tanto a atletas do club como a novas incorporacións. No caso de deportistas que xa coñezan as disciplinas, será un xeito de comezar a tempada de forma divertida e relaxada. No caso de aqueles que aínda non probaron o deporte, o campus permitiralles achegarse a distintas modalidades desta disciplina: velocidade, saltos, lanzamentos, marcha, fondo...

O campus desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro, na área deportiva de Bertamiráns (na zona do pavillón e da piscina). A recepción realizarase ás 8:30 horas, e as actividades terán lugar de 9:00 a 14:00 horas. Os rapaces e rapazas poderán ser recollidos entre as 14:00 e as 14:30 horas.

Novamente, para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web de Ames Atletismo premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, amesatletismo@gmail.com.

O club Ames Atletismo ofrece xornadas de portas abertas e un campus deportivo no mes de setembro para achegarse a este deporte

Multimedia

  • O club Ames Atletismo ofrece xornadas de portas abertas e un campus deportivo no mes de setembro para achegarse a este deporte
  • O club Ames Atletismo ofrece xornadas de portas abertas e un campus deportivo no mes de setembro para achegarse a este deporte