- Tematica
O club Ames Atletismo Savante participou durante este mes de febreiro en dous campionatos galegos cun excelente resultado para os seus atletas. O domingo 9 de febreiro acudiron 7 atletas ao campionato galego de marcha en ruta celebrado na Pobra do Caramiñal onde todos fixeron marca persoal e lograron 5 medallas, mentres que o sábado 8 de febreiro participaron 4 atletas no campionato galego de lanzamentos longos sub 18/20, onde conseguiron 1 medalla máis. En total, lograron 6 medallas nestes dous campionatos.
O pasado domingo 9 de febreiro acudiron 7 atletas ao campionato galego de marcha en ruta celebrado na Pobra do Caramiñal onde todos fixeron marca persoal. Nicolás Collazo conseguiu o campionato galego sub 20 e o subcampionato absoluto nos 10 km marcha.
Na categoría sub 18 tamén nos 10 km marcha, Nadir Moreira, logrou o subcampionato galego e Icía Ares (atleta do Ames Atletismo que competiu co Ourense atletismo) gañou o campionato galego.
Na categoría sub 14 nos 3000 marcha, medalla de bronce para Juan Pernas, cuarto posto para Arón Grille e moi boa actuación de Mariña Rodeiro con marca persoal. Nos 2000 marcha sub 12 Julieta Rodríguez logrou un gran sexto posto con marca persoal.
Por outra banda, o pasado sábado 8 e febreiro no campionato galego de lanzamentos longos sub 18/20, que se disputou en Ordes, participaron 4 atletas. Na xavelina sub 20 prata para María Villaverde e marca da tempada para Gonzalo Aguín. Na xavelina sub 18 marca persoal para Andrés Villaverde. Por último, no martelo sub 18 cuarto posto para Bruno García e marca persoal.