Pestanas principais

O club de astronomía Vega organiza hoxe unha observación da lúa chea no Milladoiro

Luns, 14 de novembro de 2016

[14-11-2016] A concellaría de Medio Ambiente informa de que o club compostelán de astronomía Vega realizará unha observación astronómica a partir das 20:00 horas no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, coincidindo coa superlúa.

Para acudir a esta observación nocturna non é precisa a inscrición previa nin ningunha clase de pagamento. Os membros de Vega aproveitarán que na noite de hoxe, luns 14 de novembro poderase observar unha superlúa. Este termo denomina o momento no que o perixeo da lúa- o instante no que o satélite está máis próximo á Terra- coincide ademais coa lúa chea. Este luns a Lúa estará a distancia máis preto do noso planeta no que vai de século. Haberá que agardar até o 2034 para poder contemplar unha superlúa como a de hoxe. Durante as superlúas o diámetro da lúa chea pode aumentar ata nun 14%, e o seu brillo ate un 30%.