[20-07-2015] O pasado sábado, 18 de xullo, disputouse a última regata da Liga Galega de Promoción no encoro pontevedrés de Verducido. A gran cita galega a nivel infantil. O Ribeiras do Tambre acudiu a esta proba co seu equipo de gala: Alicia Medina, Álvaro Fernández, Ana Zaballa, Andrea Tuñas, Ángel González, Belén Gosende, Bernabé Pais, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz, Ismael Docampo, Juan Alfredo Martínez, Lorena Viaño, Rubén Tomé, Sara Tomé e Shenoa da Silva. Estes quince padexeiros, que competiron en dez probas, lograron tres ouros, un bronce, un cuarto posto, tres quintos postos e un sexto posto.
Na categoría home infantil A k-1, participaron Gabriel Martínez, Ángel González e Rubén Tomé. Na contrarreloxo que determinarían as prazas nas finais, Gabriel e Ángel clasificáronse para a final polas medallas, ao ser primeiro e cuarto, respectivamente, mentres que Rubén logrou meterse na final B, ao acadar o décimo quinto mellor tempo. Xa nas finais, Rubén conseguiu ser sexto na final B (décimo quinto posto xeral no Campionato Galego) mentres que na gran final polas medallas, Gabriel Martínez conseguía alzarse co título de campión galego, mentres que Ángel González cruzaba a liña de meta na terceira posición, logrando a medalla de bronce.
Na categoría feminina infantil A k-1, as representantes amesás eran Lorena Viaño e Andrea Tuñas. Na serie contrarreloxo, Lorena acadou o sétimo mellor tempo, clasificada para a final A, mentres que Andrea quedouse ás portas da final pola loita das medallas ao ser décimo segunda, clasificada para a final B. Xa nas finais, Andrea, conseguiría ser sexta (décimo quinta no Campionato Galego) mentres que Lorena, na final finalizou nun gran sexto posto.
Na categoría muller infantil B k-1, tomaron parte desta proba Belén Gosende e Alicia Medina. Na contrarreloxo, ningunha das dúas logrou a pase as finais (18 mellores tempos), a pesares do seu gran esforzo, e finalizaron o Campionato Galego nos postos 21 e 29 respectivamente.
Na categoría masculina infantil B k-1, os representantes amesáns foron Bernabé Pais e Ismael Docampo, onde este último non logrou meterse nas series finais ao ser 28º na serie contrarreloxo. Si o conseguiu Bernabé Pais, que acadou o décimo sexto mellor tempo, clasificándose así para a final B, onde tras un gran esforzo, rematou nun magnífico cuarto posto (décimo terceiro no Campionato Galego).
Con isto, remataban as probas reservadas para as embarcacións finais, pero antes de parar para a comida, disputouse a final do k-4 feminino infantil B coas padexeiras Sara Tomé, Ana Zaballa, Shenoa da Silva e Belén Gosende como grandes favoritas a lograr un dos postos do podio final. E así foi, comandando a proba de comezo a fin, lograron impoñerse con autoridade e proclamarse campioas galegas.
Probas vespertinas
Xa nas probas vespertinas, os k-2 eran os primeiros en saír á pista. Na categoría masculina Infantil A, na liña de saída, o k2 de Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez e o de Rubén Tomé e Álvaro Fernández, dispostos a continuar cos bos resultados alcanzados ata o momento. Na serie contrarreloxo, o k2 Tomé-Fernández quedaba fora das finais, ao lograr o vixésimo mellor tempo. Sen embargo, a embarcación de Diz-Martínez lograba colarse na final pola loita das medallas, intentando acadar un éxito semellante ao do ano pasado, onde foron terceiros. Finalmente, os padexeiros do Ribeiras do Tambre foron quintos, realizando unha boa regata.
Na mesma categoría pero feminina, Lorena Viaño e Andrea Tuñas estaban dispostas a acadar un bo resultado. E así foi na serie contrarreloxo lograron meterse na final A marcando o oitavo mellor tempo. Na loita polas medallas, estiveron pelexando polo bronce dende os primeiros compases, pero no último tramo acusaron o esforzo de anteriores probas e foron finalmente quintas, a dez segundos da medalla de bronce.
Na categoría home infantil B k-2, participaban os padexeiros Bernabé Pais e Ismael Docampo que realizaron unha magnífica clasificación para a gran final, ao marcar o quinto mellor tempo na serie contrarreloxo, un quinto posto que finalmente repetiron na final a escasos oito segundos na medalla de bronce. Magnífico resultado para estes dous padexeiros.
Na mesma categoría feminina, o Ribeiras do Tambre colocou na liña de saída dúas embarcacións, compostas por Sara Tomé e Ana Zaballa por una banda, e a Shenoa da Silva e Alicia Medina pola outra. Na serie contrarreloxo, a embarcación de Tomé-Zaballa non tivo problemas para meterse na proba final pola loita das medallas, ao lograr o cuarto mellor tempo, mentres que a embarcación Da Silva-Medina quedouse fóra da final ao ser décimo segundas. Na gran final, a embarcación de Sara e Ana estivo a piques de lograr o cuarto metal para o Ribeiras do Tambre, que non puideron logran por tan só seis décimas de segundo. Magnífico resultado para estas dúas deportistas amesás.
Por último, e como broche de ouro a este campionato galego de pista infantil, era a quenda do k-4 home infantil A, con Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez, que estaban dispostos a repetir o título galego alcanzado a pasada temporada. Na serie contrarreloxo, os nosos padexeiros lograron o segundo mellor tempo con seis segundos máis que o k4 máis rápido da serie, clasificándose para a final e loitar así por repetir título. Na gran final, os padexeiros amesáns non escatimaron un ápice de esforzo e cruzaron a liña de meta proclamándose bicampións galegos, aumentando a catro os metais para o Ribeiras do Tambre.