- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mocidade, vén de abrir esta semana dous circuítos de calistenia; un en Lapido, preto de Bertamiráns, e outro na área deportiva do Milladoiro. Na execución destas instalacións investíronse 41.922,14 euros. Estes proxectos estaban incluídos nos Orzamentos participativos para a mocidade. Dende este luns, 8 de xuño, pódese acceder a estas instalacións, aínda que durante a fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, o aforo está reducido ao 50% (12 persoas).
A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, e maila técnica da OMIX, Pili Villaverde, visitaron esta semana as instalacións dos novos circuítos de calistenia que se acaban de habilitar en Lapido, preto da localidade de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro, ao carón do instituto e do pavillón municipal. As estruturas están realizadas en madeira laminada finlandesa tratada en autoclave e contan coa certificación forestal PEFC referente ao control e trazabilidade das madeiras, así como a procedencia de cultivos forestais controlados e certificados.
Os circuítos de calistenia inclúen postes estruturais con barras de distintas alturas, como espaldeiras, xogos de paralelas curvas, suspensión, escaleira recta e xogo de arandelas, para practicar distintas combinacións deportivas. Os aparatos permitirán a práctica de distintos exercicios corporais variados que permitan a exercitación de diferentes partes do corpo. Con estas iniciativas dótase á mocidade dunhas infraestruturas nas que gozar do tempo libre e practicar deporte como alternativa saudable de desfrute do lecer.
Na execución destas instalacións investíronse 41.922,14 euros. Estes proxectos estaban incluídos nos Orzamentos participativos para a mocidade. Dende este luns, 8 de xuño, pódese acceder a estas instalacións, aínda que durante a fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, o aforo está reducido ao 50% (12 persoas).
Novas zonas deportivas
A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, explica que “coa construción destas instalacións dotase á mocidade dunha novas zonas deportivas, e para a práctica de todo tipo de adestramentos e estiramentos deportivos. Coa implantación destas instalacións facilítase o fomento do deporte e das actividades saudables entre a mocidade. Os circuítos de calistenia permiten a práctica de exercicio físico co propio peso corporal”.
Os elementos permiten realizar múltiples exercicios e desenvolver diferentes capacidades físicas como a flexibilidade, forza, resistencia muscular, equilibrio e coordinación. Con estas iniciativas dótase á mocidade dunhas infraestruturas nas que gozar do tempo libre e practicar deporte como alternativa saudable de desfrute do lecer.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Abren circuítos de calistenia en Lapido e no Milladoiro"
Compostela 24 horas: "Ames constrúe dous circuítos de calistenia en Lapido e no Milladoiro"
Revista Ames Go: "O Milladoiro e Lapido xa teñen circuítos de calistenia"