Pestanas principais

O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación familiar Nadal Lúdico

Martes, 13 de outubro de 2015

[13-10-2015] O Concello de Ames, a través da concellería de Educación e Servizos Complementarios, abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Nadal Lúdico. Este servizo municipal desenvolverase tanto en Bertamiráns como no Milladoiro durante os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016. Nestas xornadas levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e á aprendizaxe dos máis pequenos. O horario será dende as 7:30 ás 16:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto entre o 13 e o 31 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.

O Nadal Lúdico é unha iniciativa que lle facilita aos pais e nais conciliar a súa vida laboral coas vacacións dos seus fillos, mentres estes, ocupan o seu tempo libre dunha maneira educativa e divertida. Os beneficiados serán os nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria que estean empadroados no concello de Ames.

Os nenos/as para os que se solicita o programa deberan pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude. Ademais, haberá que acreditar a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar por ambos dous proxenitores/titores.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que dende o Concello de Ames estase facendo unha aposta clara por reforzar todos os servizos de conciliación laboral e familiar. Deste xeito, animamos a todos os pais e nais a que inscriban aos seus fillos/as neste servizo municipal durante as vacacións escolares de Nadal”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro
O prazo de inscrición estará aberto entre o 13 e o 31 de outubro. As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as neste servizo municipal poden recoller os impresos no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina , ou na Oficina Municipal do Milladoiro.

A entrega da documentación deberá facerse no departamento de Educación, no Rexistro Xeral do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os sábado tamén está aberto o rexistro Xeral da Casa do Concello.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos na que tamén se indicarán os lugares das actividades por grupos. Esta listaxe poderase consultar nos taboleiros do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org do departamento de Educación.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El plan de conciliación de Nadal ofrece diez días de actividades"