Pestanas principais

O Concello de Ames acolle por primeira vez un campus de verán da Fundación Celta de Vigo no que están participando 60 nenos/as

Martes, 29 de xullo de 2014

[29-07-2014] O concello de Ames acolle por primeira vez un campus de verán organizado pola Fundación Celta de Vigo, que comezou este luns pasado, 28 de xullo, e rematará o próximo venres, 1 de agosto, cun gran festa que se realizará pola tarde. Este campus estase realizando no campo municipal de fútbol do Milladoiro. Nesta iniciativa están participando 60 rapaces e rapazas de 4 a 16 anos. Os nenos e nenas están divididos en catro grupos segundo a idade dos participantes. As clases están sendo impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Club Celta de Vigo.


Nesta iniciativa están participando 60 rapaces e rapazas de 4 a 16 anos. Os nenos e nenas están divididos en catro grupos segundo a idade dos participantes. A cada neno/as que está participando neste actividade entregóuselle un equipamento oficial de marca ADIDAS, que está composto por uns calcetíns, unha camiseta e un pantalón.

As clases están sendo impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Club Celta de Vigo. Trátase dun importante campus xa que o Real Club Celta de Vigo recibiu este ano o premio especial de apoio á canteira, que concede Fútbol Draft, unha entidade que conta co apoio activo de tódalas institucións do fútbol nacional.

O obxectivo deste campus é o ensino e o perfeccionamento de tódolos conceptos relacionados co fútbol e o deporte. Os nenos/as están recibindo unha formación técnica especializada de primeiro nivel nun ambiente de xogo e entretemento imprescindible para a súa aprendizaxe. Todos os días os participantes dispoñen dun pequeno almorzo composto por un bocadillo, froita, auga e bebidas isotónicas.

O Concello de Ames e a Fundación Celta de Vigo organizaron o primeiro campus de verán de fútbol, que se está desenvolvendo nas instalacións do campo municipal do Milladoiro, co obxectivo de que os nenos e nenas amienses practiquen deporte e se divirtan nas vacacións. Esta iniciativa xurdiu con motivo do 10 aniversario da Peña Celtista do Milladoiro. Esta entidade está organizando varias actividades para conmemorar o seu décimo aniversario e unha delas é este campus de verán, que organizou a Fundación Celta de Vigo, e que conta coa colaboración do Concello de Ames e do Milladoiro SD.

O campus de verán da Fundación Celta de Vigo comezou este luns pasado, 28 de xullo, e rematará o próximo venres, 1 de agosto, cun gran festa que se realizará pola tarde. Este campus estase desenvolvendo no campo municipal de fútbol do Milladoiro. Este evento deportivo impártese de luns a xoves, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e o venres 1 de agosto de 10:00 a 18:00 horas, debido a que durante a última xornada do campus haberá una festa con comida incluída, entrega de diplomas e adestramento compartido cos pais/nais dos participantes.