Pestanas principais

O Concello de Ames actualiza tecnoloxicamente o Pazo da Peregrina e o salón de Plenos

Mércores, 30 de decembro de 2015

[30-12-2015] O goberno municipal está levando a cabo un plan de melloras tecnolóxicas en diversas instalacións municipais para adaptalos ao século XXI. Deste xeito, en tres edificios da contorna do Pazo (Casa principal, Casa da froita e capela) executáronse as instalacións necesarias para dispor de conexión de rede e puntos de corrente eléctrica. Nestes edificios habilitáronse 42 puntos de conexión á rede e 84 tomas de corrente eléctrica, que se poden adicar a instalación de 21 postos de traballo. Estas instalacións conectáronse á rede de fibra óptica do Concello. Ademais, no salón de Plenos da Casa do Concello instalouse un equipo multimedia composto de proxecto fixo full HD e pantalla para poder realizar presentacións e outras actividades. Estas actuacións tiveron un custo de 9.566 euros.

Instalacións realizadas nos edificios do Pazo
Na Casa principal do Pazo da Peregrina dotouse de novas instalacións as dúas salas da planta baixa e á zona de entrada, así como ao local da planta superior. Deste xeito, na planta baixa habilitáronse conexións para 8 postos de traballo, mentres que na planta superior habilitáronse conexións para 6 postos de traballo. Cada posto de traballo está composto por 2 conexións de datos e 4 enchufes de corrente. Na actualidade a Casa principal do Pazo non está adicada a dependencias de oficinas, pero optouse por mellorar as instalacións deste espazos por se no futuro fose necesario dedicalas a oficinas municipais.

Por outra banda, na Casa da froita habilitáronse 6 postos de traballo (2 conexións de datos e 4 enchufes corrente por posto), mentres que na Capela instaláronse 2 conexións de datos e 4 enchufes de corrente para 1 posto de traballo. Deste xeito, na Casa da froita instaláronse 12 conexións de datos e 24 enchufes de corrente; na Casa principal do Pazo habilitáronse 28 conexións de datos e 56 enchufes de corrente e a Capela dispón de 2 conexión de datos e 4 enchufes de corrente.

Para os cabreados interiores dos edificios empregáronse un total de 1.220 metros de cable de rede, así como 500 metros de cable de fibra óptica monomodo. Cómpre sinalar tamén que en todos os cadros eléctricos substituíronse os diferencias actuais por diferenciais superinmunizados, adecuados para o conexionado de equipamento informático.

“Todas estas novas instalacións tecnolóxicas permitiranlle aos veciños e veciñas facer uso das mesmas. Ames ten unha poboación cunha media de idade de 37,8 anos e creemos necesario que os edificios do Concello estean adaptados ás exixencias do século no que estamos”, remata dicindo Miñones.

Actuacións executadas no salón de Plenos

Ademais, no salón de Plenos da Casa do Concello instalouse un equipo multimedia composto de proxecto fixo full HD e pantalla para poder realizar presentacións e outras actividades. Neste mesmo lugar tamén se realizou unha actuación en eficiencia enerxética co cambio das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED o que está relacionado coa nova política medioambiental e de aforro do actual goberno. Todas estas actuacións tiveron un custo de 9.566 euros.

O alcalde de Ames, José Miñones, explica que “con estas actuacións dotamos de puntos de conexión á rede a todos os edificios do Pazo da Peregrina, e ao mesmo tempo, todas estas instalacións quedan conectadas á rede de fibra óptica do Concello. Así pasamos a ter un Pazo da Peregrina adaptado ao século XXI. Ademais, realizáronse melloras no salón de Plenos coa instalación dunha pantalla e un proxector fixo full HD que estarán alí de forma permanente para ser usados cando sexa necesario”.

A través das actuacións executadas dotouse de conexión á rede ao resto de edificios que forman a sede do Pazo da Peregrina (Casa principal, Casa da froita e capela) conectando estas instalacións ao anel de fibra óptica que dá soporte a rede corporativa municipal. A Casa dos Caseiros, onde están situadas as oficinas dos departamentos de Cultura e Educación, xa dispoñen de conexión á rede.

Para isto fíxose uso das canalizacións existentes entre ditos edificios, previo saneamento das mesmas, para despregar a fibra óptica e dar conectividade a todos os edificios do Pazo. A topoloxía empregada foi a de rede en estrela, isto quere dicir que dende o edificio da Casa dos Caseiros despregouse unha fibra para cada un dos edificios a conectar (Capela, Casa da froita e Casa principal). O tipo de fibra empregado foi monomodo de 50-125 milímetros.

Por outra banda, realizouse un cabreado interior en cada un dos edificios empregando un tipo de cable que ten unhas mellores características de apantallamento e maior ancho de banda que os tradicionais. A instalación realizouse con canaleta de superficie no caso da Casa da froita, e no caso da Casa principal aproveitáronse as canalizacións interiores existentes, previo saneamento das mesmas. Ademais, cada edificio dotouse de armarios informáticos e conmutadores, así como de dous portos para a conexión de fibra óptica.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Mejoras tecnológicas para el pazo da Peregrina y el salón de plenos de Ames"
La Voz de Galicia: "El pazo da Peregrina estrena sistema informático adaptado a un posible uso como oficina"