Pestanas principais

O Concello de Ames adxudicou a realización das obras de pavimentación en Ventosa

Luns, 27 de setembro de 2021

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a realización das obras de pavimentación en Ventosa, na parroquia de Covas, á empresa Construcciones Vale SL. O importe destas obras de mellora ascende a 78.173 euros. Este proxecto está incluído no Plan complementario do Plan Único de Concellos POS+ 2019.

A Xunta de Goberno do pasado xoves 16 de setembro adxudicou mediante procedemento aberto simplificado cun único criterio de valoración (factor prezo) as obras de pavimentación de Ventosa, en Covas.

A obra de mellora de mellora dos accesos a esta aldea da parroquia de Covas ascende a 78.173 euros, dos cales 13.567 representan o IVE. Ditos traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Vale SL. A duración inicial do contrato é de 6 meses.

O proxecto das obras pavimentación de accesos ao lugar de Ventosa incluídas no POS+2019 tivo que ser modificado para enviarllo á Dirección Xeral de Patrimonio, xa que, parte desta actuación se realizará preto dun tramo do Camiño de Fisterra-Muxía ao seu paso por Ames. Deste xeito, con respecto ao proxecto inicial, restrínxese a pavimentación en formigón no treito de camiño que atravesa o núcleo de Ventosa, increméntase o espesor de formigón desactivado a 15 centímetros, proxéctase a cuneta de seguridade tamén en formigón desactivado e suprímese o pavimento de lastra de granito.

Características técnicas das obras
A través de dita actuación executarase a pavimentación de accesos ao núcleo de Ventosa, divididos en cinco treitos de 50x5,00; 20x10,00; 40x8,00; 70x3,50 e 100x3,50 metros, con cinco centímetros de zahorra e 15 centímetros de pavimento continuo de formigón. No núcleo separarase o novo pavimento uns 15–20 centímetros respecto de cerramentos tradicionais de pedra, nos puntos en que non haxa un acceso a vivenda, finca, etc. para conservar na meirande parte do percorrido unhas bandas laterais de terra nas que medre a herba. Preténdese así mesmo a mellora da capa de rodaxe do viario de 350 metros de lonxitude e 4 metros de ancho, con 5 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

O treito norte, duns 130 x3.5 metros acondicionarase mediante 20 centímetros. de zahorra. Os áridos empregados para a zahorra e para o formigón desactivado terán unha tonalidade ocre semellante á pedra tradicional da zona. Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos.

Ademais, contémplase a execución de 180 metros (80 e 100 metros) de cuneta de seguridade revestida empregando tamén formigón con acado de áridos á vista, baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e executaranse 2 arquetas con sumidoiro e 6 metros (2 de 3 metros) de caz de formigón con reixa para recollida de augas pluviais, previa escavación de gabia e posterior recheo compactado da mesma. Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos.

O alcalde de Ames, Blas García, manifesta que "esta é unha obra necesaria para o núcleo de Ventosa, e que forma parte das actuacións que o Goberno municipal de Ames está a realizar dentro do programa de mellora do rural amesá", e continúa dicindo que "seguimos a traballar para desenvolver os núcleos rurais e dotalos de servizos e boas comunicacións".

Novas relacionadas

Revista AmesGo: "A pavimentación en Ventosa estará acabada en seis meses"

El Correo Gallego: "Arranca una mejora adaptada al Camino de los viales de Ventosa"

O Concello de Ames adxudicou a realización das obras de pavimentación en Ventosa

Multimedia

  • O Concello de Ames adxudicou a realización das obras de pavimentación en Ventosa
  • O Concello de Ames adxudicou a realización das obras de pavimentación en Ventosa