- Tematica
Dende a Concellaría de Promoción Económica estase traballando para ampliar o número de postos do mercado de rúa de Bertamiráns. Na actualidade dito mercado conta con 52 postos. A partir do 15 de maio comezaranse a tramitar as novas altas que se irán dando de forma progresiva. Os vendedores ambulantes que queiran pasar a formar parte do mercado deben facer unha solicitude indicando o xénero de venda, os metros que solicitan (máximo 8 metros), e os datos de contacto para poder solicitar dende o departamento toda a documentación pertinente no momento da adxudicación definitiva do posto. Premendo nesta ligazón podes acceder ao regulamento do mercado de rúa.
Tralas obras de humanización da améndoa central de Bertamiráns no pasado mes de decembro o mercado de rúa de Bertamiráns volveu ao seu espazo habitual, na rúa do Ameneiral. As obras de humanización executadas na rúa Ameneiral van permitir que se incrementen de xeito progresivo o número de postos de dito mercado de rúa. Na actualidade dito mercado conta con 52 postos. Ademais, existe unha lista de agarda de vendedores ambulantes que solicitaron un posto no mercado de rúa.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “coa humanización da améndoa central de Bertamiráns mellorouse o espazo comercial da rúa do Ameneiral, o que vai permitir que siga medrando o mercado de rúa, podendo incorporar a persoas que se encontran en lista de agarda”.
Tramitación de novas altas
Deste xeito, a partir do 15 de maio comezaranse a tramitar as novas altas que se irán dando de forma progresiva. Os vendedores ambulantes que queiran pasar a formar parte do mercado deben facer unha solicitude indicando o xénero de venda, os metros que solicitan (máximo 8 metros), e os datos de contacto para poder solicitar dende o departamento toda a documentación pertinente no momento da adxudicación definitiva do posto.
Para a adxudicación de novos postos terase en conta en primeiro lugar a lista de agarda e posteriormente as novas solicitudes que se fagan. Cómpre lembrar que os vendedores ambulantes que estean en lista de agarda, deben de renovar todos os anos en decembro a súa solicitude para seguir estando en dita lista de agarda. No caso de non renovar a súa solicitude son eliminados da lista de agarda.
Ampliación dos espazos do mercado de rúa
Ao incrementarse o número de postos no mercado de rúa tamén se incrementarán os espazos dedicados ao mercado. Deste xeito, os postos estarán repartidos polas rúa Ameneiral e Entrerríos así como pola praza do Concello. O mercado de rúa de Bertamiráns ten unha grande afluencia de persoas que se achegan ata Bertamiráns os sábados pola tarde para comprar e para dar un paseo por esta localidade amesá. Ademais, incentiva a dinamización dos comercios e da hostalería amesá.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Comenzarán a tramitar nuevas altas para ampliar el mercadillo de Bertamiráns a partir del próximo 15 de mayo"