Pestanas principais

O Concello de Ames aproba o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía

Venres, 24 de maio de 2019

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres, 24 de maio, o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía, que conta cun orzamento de execución por contrata de 454.580,82 euros. Este proxecto, incluído dentro do Orzamento municipal de 2019, será sufragado con fondos propios do Concello de Ames. O pasado 9 de maio a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informou favorablemente sobre a solicitude de autorización presentada polo Concello de Ames o 26 de abril de 2019 do proxecto desta infraestrutura. O obxectivo é ampliar as prazas do servizo municipal de comedor escolar.

Actualmente o número máximo de prazas de comedor no CEIP A Maía é de 330 usuarios/as, mentres o número de solicitudes incrementou de maneira considerable, cunha previsión de 375 a 400 prazas previstas para o curso 2019 – 2020. Esta capacidade pode ser asumida polo novo comedor escolar xa que o proxecto contempla un total de 460 prazas. Coa construción desta nova infraestrutura preténdese ampliar o número de prazas do servizo municipal de comedor escolar, xa que é unha demanda da comunidade educativa de Ames.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou este venres, 24 de maio, o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía, que conta cun orzamento de execución por contrata de 454.580,82 euros. Este proxecto, incluído dentro do Orzamento municipal de 2019, será sufragado con fondos propios do Concello de Ames. O pasado 9 de maio a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informou favorablemente sobre a solicitude de autorización presentada polo Concello de Ames o 26 de abril de 2019 do proxecto desta infraestrutura.

Ademais, coa posta en marcha deste novo comedor hai que ter en conta os custos asociados ao funcionamento deste novo espazo, que supón a creación de máis de 150 novas prazas para o próximo curso escolar 2019 – 2020, das cales 130 corresponden ao comedor do CEIP A Maía. Para un maior detalle na estimación e sustentabilidade do novo comedor do CEIP A Maía a Concellaría de Educación e Cultura contratou un Plan Económico Financeiro (PEF) coa Universidade de Vigo neste ano 2019, de cara a realizar unha estimación de custos nos vindeiros 5 e 10 anos.

Por outra banda, o pasado 16 de maio publicouse no BOP a convocatoria do proceso para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a ata cobertura de vacante dun técnico/a de Educación, pertencente a escola de administración xeral, subescala técnica, clase superior, subgrupo A1, sendo este o posto que asumirá o seguimento da coordinación técnica e económica dos custos da Rede municipal de comedores escolares, así como a súa sustentabilidade durante os vindeiros anos.

O Concello de Ames aproba o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía

Multimedia

  • O Concello de Ames aproba o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía
  • O Concello de Ames aproba o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía