Pestanas principais

O Concello de Ames colabora na organización da charla informativa "Formación sobre estranxeiría 2024”

Martes, 28 de maio de 2024

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o vindeiro venres, 31 de maio, de 19:30 a 21:30 horas, a charla informativa para persoas migrantes “Formación sobre estranxeiría 2024. Actualización das principais vías de regularización”. Esta actividade está financiada por Consellería de Política Social e Xuventude e Médicos do Mundo. Ademais, colaboran a Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI) e mailo Concello de Ames. Para participar, cómpre inscribirse chamando ao número de teléfono 981 53 59 41.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora na organización da charla informativa para persoas migrantes “Formación sobre estranxeiría 2024. Actualización das principais vías de regularización”. Esta actividade, que é gratuíta, impartirase na Casa da Cultura do Milladoiro, o venres 31 de maio, en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Está financiada por Consellería de Política Social e Xuventude e Médicos do Mundo. Ademais, colaboran a Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI) e mailo Concello de Ames. Para participar hai que chamar ao número de teléfono 981 53 59 41.

Esta charla permitiralle ás persoas migrantes coñecer as diferentes e actuais oportunidades de regularizar a súa situación en España.  Tamén lles permitirá coñecer os diferentes accesos ao sistema sanitario español.

O Concello de Ames colabora na organización da charla informativa "Formación sobre estranxeiría 2024”

Multimedia

  • O Concello de Ames colabora na organización da charla informativa "Formación sobre estranxeiría 2024”