- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 30 de decembro de 2021 a conta xustificativa do gasto correspondente ao segundo semestre do exercicio 2021, da convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias ao servizos sociais comunitarios e inclusión social do Concello de Ames. O importe do segundo pago ascende a 35.291,28 euros. Previamente, o 28 de outubro aprobouse o pago de 22.359,29 euros correspondente a conta xustificativa do gasto de actividades realizadas e aboadas no primeiro semestre do exercicio 2021. En total, nesta liña de axudas concedéronse 57.650,57 euros, repartidos entre 9 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.
Arcea Adames, a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC), Caritas Diocesana de Ortoño e Caritas Diocesana do Milladoiro, Fonte da Virxe, Fundación Tierra de Hombres, Igaxes 3, AECC e INGADA son as entidades beneficiarias das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que o Concello de Ames concedeu no ano 2021. Nove entidades que promoveron un total de 14 proxectos que van dende a educación emocional, ao acompañamento integral pasando por cubrir necesidades básicas ou a axudas ao alugueiro.
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destacou “é de agradecer a colaboración e a coordinación que se mantén con estas e outras asociacións que tan gran labor fan no noso concello complementando o traballo que se leva a cabo dende os servizos socio-comunitarios básicos”. E engadiu “cada ano son máis as asociacións que concorren a esta subvención polo que este ano ampliamos a contía a 60.000 euros”. Luísa Feijóo quixo destacar, ademais, a calidade dos catorce proxectos e programas presentados polas distintas asociacións solicitantes.
O importe total desta liña de subvencións ascendeu a 60.000 euros. Esta partida consumiuse practicamente toda xa que se concederon un total de 57.650,57 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 28 de outubro a conta xustificativa do gasto correspondente as actividades realizadas e aboadas no primeiro semestre do exercicio 2021, por importe total de 22.359,29 euros. Por outra banda, vén de aprobarse o 30 de decembro a conta xustificativa do gasto correspondente ao segundo semestre do exercicio 2021 por valor de 35.291,28 euros.
A concesión das axudas realizouse do seguinte xeito: a entidade Arcea Adames correspondéronlle 9.924,65 euros; a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC) 2.517,54 euros; Caritas Ortoño 9.757,44 euros; Fonte da Virxe 3.000 euros; Caritas Milladoiro 14.305,54 euros; Fundación Tierra de Hombres 2.604,34 euros; Igaxes 3 obtivo 8.741,06 euros; AECC 2.800 euros; e INGADA 4.000,00 euros.
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: "Ames reparte de cerca de 60.000 euros entre entidades sociales"
El Correo Gallego: "Subvencionan catorce proxectos de nove colectivos sen ánimo de lucro"
Compostela 24 Horas: "O Concello de Ames concede 57.650 euros a nove entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro"