Pestanas principais

O Concello de Ames conmemorou o Día Mundial da Auga cunha exposición no paseo fluvial de Bertamiráns

Martes, 19 de marzo de 2024

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Servizos Básicos, organizaron o pasado sábado, 16 de marzo, unha exposición sobre o ciclo da auga para conmemorar o Día Mundial da Auga, que se celebra o 22 de marzo. Ademais, houbo diversos obradoiros e actividades, dirixidas a tódolos públicos. Moitas familias achegáronse ata a carpa instalada no paseo fluvial para participar en ditas actividades.

Este pasado sábado, 16 de marzo, de 11:30 a 14:00 horas, os departamentos de Medio Ambiente e Servizos Básicos organizaron, en colaboración coa empresa Espina e Delfín, unha exposición no paseo fluvial de Bertamiráns para conmemorar o Día Mundial da Auga. A través desta mostra achegouse información sobre o proceso de depuración e potabilización da auga.

Tamén se organizaron varios obradoiros sobre esta temática dirixidos a tódolos públicos. O primeiro denominado “Bioindicadores do estado ecolóxico dos ríos” comezou ás 11.30 horas. Nel os/as participantes estudaron a presenza ou ausencia de determinados invertebrados acuáticos con distintos requirimentos ecolóxicos. Fixérono a través de mostras de auga e vexetación da ribeira.

Posteriormente, ás 12:30 horas realizouse un paseo ornitolóxico a carón do rego do Pasos. Nel dous expertos ornitólogos guiaron o avistamento e recoñecemento de paxaros.

Ademais, durante toda a mañá e de xeito continuado, realizáronse outras actividade  como “Triturus”, un obradoiro colaborativo no que se elaboraron figuras de anfibios (moi ligados ás augas limpas) prestando especial atención ao Triturus marmoraus, endemismo ibérico, que se distribúe pola metade occidental da Península.

O Concello de Ames conmemorou o Día Mundial da Auga cunha exposición no paseo fluvial de Bertamiráns

Multimedia

  • O Concello de Ames conmemorou o Día Mundial da Auga cunha exposición no paseo fluvial de Bertamiráns