Pestanas principais

O Concello de Ames contará a partir do vindeiro curso cunha Escola de Teatro propia

Mércores, 16 de xuño de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou o día 10 de xuño o expediente de contratación, polo tipo de procedemento aberto, para unha nova Escola municipal de Teatro. A licitación terá unha duración inicial de dous anos máis prorrogas. O orzamento de licitación é de 32.018,54 euros e o prazo para presentar ofertas está aberto até o 29 de xuño. As persoas que teñan interese en participar neste procedemento poden facelo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

O Concello de Ames leva desenvolvendo dende hai anos unha ampla oferta cultural e formativa destinada a súa veciñanza. Para a concelleira de Cultura, Natividade González: “Unha das pezas clave para o benestar social dunha comunidade é a existencia duns servizos públicos de calidade, sobre todo aqueles que repercuten na calidade de vida da poboación. A participación en actividades culturais fomenta a empatía, a intelixencia social no trato coa sociedade, a seguridade na nosa saúde como un elemento fundamental que rebaixa o estrés e controla as depresións e as ansiedades”.

Baseándose nesta filosofía, o departamento que dirixe González decidiu deseñar e ofertar para o curso 2020 – 2021 a nova Escola Municipal de Teatro de Ames. “O benestar e a calidade de vida atópanse moi vinculados, e cada vez son máis demandados e apreciados pola nosa sociedade contemporánea. A través da Escola de Teatro pretendese ofrecer unha alternativa que faga accesible o ocio socializador mediante a prevención, a inserción e a asistencia e participación. Intentase favorecer o desenvolvemento integral das persoas, facendo especial fincapé na convivencia e integración na dinámica do noso concello”, manifesta a concelleira Natividade González.

Condicións do contrato de licitación
O orzamento de licitación da nova Escola de Teatro de Ames é de 32.018,54 euros e o prazo para presentar ofertas está aberto até o 29 de xuño.

O contrato ten por obxecto o desenvolvemento da actividade da Escola de Teatro que inclúe labores de dirección, coordinación e docencia. Ademais, os pregos de licitación recollen a obriga de preparar e representar un ou varios espectáculos de teatro co grupo ou grupos que se constitúan no seo desta Escola, a supervisión técnica e o mantemento do equipamento técnico dos auditorios de Bertamiráns e do Milladoiro.

A prestación do servizo será por tempadas, desenvolvéndose a tempada entre os meses de setembro a xuño ,ambos inclusive. As prorrogas serán obrigatorias para o contratista. A efectos de prorrogas terase en conta a data da firma do contrato, non a de finalización da prestación do servizo. 

As persoas que teñan interese en participar neste procedemento poden facelo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames contará desde el próximo curso con una escuela municipal de teatro "

El Correo Gallego: "Crean unha escola municipal de teatro"

Grupo Municipal de Teatro de Ames

Multimedia

  • Grupo Municipal de Teatro de Ames
  • Grupo Municipal de Teatro de Ames