- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que dende hoxe sábado, ás 16:00 horas, ata mañá domingo, ás 23:00 horas, cortase o tráfico (agás a entrada a garaxes) de varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, para favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade.
O Concello de Ames súmase a outros concellos galegos que xa adoptaron esta medida para favorecer o tránsito das persoas en núcleos urbanos e poder así manter as distancias de seguridade. Deste xeito, dende hoxe sábado, ás 16:00 horas, ata mañá domingo, ás 23:00 horas, córtase o tráfico (agás a entrada a garaxes) nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro que se detallan a continuación.
En Bertamiráns as rúas que serán peonís e se corta o tráfico de vehículos son a rúa Ameneiral, a rúa Entrerríos (o tramo que vai dende Alcalde Lorenzo ata a rúa Ameneiral), a rúa do Rueiro, a rúa do Arrucheiro (ata a Travesía da Peregrina), a rúa do Cómaro, e a rúa que vai por detrás da escola infantil da Galiña Azul desta localidade.
Por outra banda, no Milladoiro as rúas que serán peonís e se corta o tráfico de vehículos son a rúa Raxoeira (ata a intersección coa rúa de Anxeriz), a rúa dos Agriños, a Travesía do Porto (dende a rúa dos Cereixos ata a intersección coas rúas Palmeiras e Pardiñeiros), o paseo da Igualdade (ao carón do pavillón polideportivo e das piscinas municipais), a rúa Costa Grande, a rúa Viorneira, e a rúa Xaquín Lorenzo (dende a intersección da rúa do Xeixo ata a rúa da Madalena).
A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, destaca que durante a tarde deste sábado e o domingo todo o día, decidiuse darlle prioridade aos peóns sobre os vehículos, para que dispoñan de máis espazo para poder camiñar respectando as distancias de seguridade. Aínda así estará permito que os vehículos poidan entrar e saír dos garaxes. Agardamos que esta medida axude a favorecer a mobilidade das persoas”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "O Milladoiro y Bertamiráns estrenan este fin de semana zonas peatonales"
La Voz de Galicia: "O Milladoiro y Bertamiráns estrenan la peatonalización de fin de semana"